Gerald Maurice Edelman, nado en Nova York o 1 de xullo de 1929 e finado en California o 17 de maio de 2014, foi un biólogo estadounidense que obtivo o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu traballo con Rodney Robert Porter sobre o sistema inmunitario.
Premio Nobel Edelman, tras ler un libro que espertou o seu interese polos anticorpos e decidir investigalos en profundidade, estudou fisicoquímica para o seu doutoramento de 1960. A investigación levada a cabo por Edelman, os seus compañeiros e Rodney Robert Porter a principios da década de 1960, produciu avances fundamentais na comprensión da estrutura química dos anticorpos, abrindo a porta para un maior estudo. Por este traballo, Edelman e Porter compartiron o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1972.
No comunicado de prensa do Premio Nobel de 1972, o Instituto Karolinska, eloxiou o traballo realizado por Edelman e Porter como un moi importante avance:
Enlaces disulfuro As primeiras investigacións de Edelman na estrutura das proteínas dos anticorpos revelaron que pontes disulfuro enlazan as subunidades da proteína. As subunidades de proteína dos anticorpos son de dous tipos: as cadeas grandes e pesadas e as cadeas máis pequenas e lixeiras. Dúas cadeas lixeiras e dúas pesadas son enlazadas por pontes disulfuro para formar un anticorpo funcional.
Modelos moleculares da estrutura do anticorpo miniatura|dereita|272px|Diagrama dunha molécula de anticorpo ou inmunoglobulina no que se ven os enlaces ou pontes disulfuro (en vermello) que unen as cadeas lixeiras (verde) e pesadas (azul) do anticorpo. Tamén se ven os dominios constantes (C) e variables (V). A molécula ten forma de Y, e nos extremos dos dous brazos do Y está o extremo Fab de unión do antíxeno. O extremo da base do Y chámase extremo Fc. Usando datos experimentais das súas propias investigacións e doutros científicos, Edelman elaborou modelos moleculares de anticorpos.Edelman, G.; Gally, J. (1964). "A Model for the 7S Antibody Molecule". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 51 (5): 846–853. Bibcode:1964PNAS...51..846E. doi:10.1073/pnas.51.5.846. PMC 300172. PMID 14173001. Unha característica clave destes modelos era que os dominios de unión ao antíxeno dos anticorpos (os fragmentos Fab) incluían tanto aminoácidos da cadea lixeira coma da pesada que formaban o anticorpo. Os enlaces disulfuro entre as dúas cadeas contribuían a manter xuntas as dúas partes do dominio de unión ao antíxeno.Structural differences among antibodies of different specificities by G. M. Edelman, B. Benacerraf, Z. Ovary and M. D. Poulik in Proc Natl Acad Sci U S A (1961) volume 47, pages 1751-1758.
Secuencia anticorpo Edelman e os seus compañeiros usaron bromuro de cianóxeno e proteases para fragmentar as subunidades de proteína do anticorpo en pezas máis pequenas que poderían ser analizadas para a determinación da súa secuencia de aminoácidos. No momento no que foi determinada a primeira secuencia completa de anticorpo (1969), era a secuencia completa máis grande xamais determinada dunha proteína. A dispoñibilidade de secuencias de aminoácidos das proteínas de anticorpos permitiu recoñecer o feito de que o corpo pode producir moitas proteínas de anticorpo distintas con rexións constantes de anticorpos similares e rexións variables de anticorpos diverxentes.
Topobioloxía Topobioloxía é a teoría de Edelman que afirma que a morfoxénese é impulsada por interaccións adhesivas diferenciais entre as poboacións celulares heteroxéneas, e que explica como unha soa célula pode dar lugar a un organismo multicelular complexo. Segundo o proposto por Edelman en 1988, topobioloxía é o proceso que esculpe e mantén tecidos diferenciados e é adquirido pola segregación enerxicamente favorecida das células a través de interaccións celulares heterólogas.
Obras Neural Darwinism: The Theory of Neuronal Group Selection (Basic Books, Nova York 1987). ISBN 0-19-286089-5 Topobiology: An Introduction to Molecular Embryology (Basic Books, 1988, Reissue edition 1993) ISBN 0-465-08653-5 The Remembered Present: A Biological Theory of Consciousness (Basic Books, Nova York 1990). ISBN 0-465-06910-X Bright Air, Brilliant Fire: On the Matter of the Mind (Basic Books, 1992, edición reimpresa 1993). ISBN 0-465-00764-3 The Brain, Edelman e Jean-Pierre Changeux, editores, (Transaction Publishers, 2000). ISBN 0-7658-0717-3 A Universe of Consciousness: How Matter Becomes Imagination, Edelman e Giulio Tononi, coautores, (Basic Books, 2000, Reprint edition 2001). ISBN 0-465-01377-5 Wider than the Sky: The Phenomenal Gift of Consciousness (Yale Univ. Press 2004) ISBN 0-300-10229-1 Second Nature: Brain Science and Human Knowledge (Yale University Press 2006) ISBN 0-300-12039-7
Notas
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Ursinus College Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania