Adzaria (en ), oficialmente República Autónoma de Adzaria (en , ach'aris avt'onomiuri resp'ublik'a, é unha república autónoma de Xeorxia, no suroeste do país, que fai fronteira ao sur con Turquía e bañada polo Mar Negro. Anteriormente fourmou parte do Imperio Otomán co nome de Acara e logo foi a República Autónoma Socialista Soviética de Adzaria da URSS.

Historia Adjara formou parte da Cólquida na antigüidade. Os gregos fundaron colonias no século V a.C. A rexión caeu baixo o dominio romano no século II a.C. Logo estivo integrada no reino de Lázica antes de ser incorporada ó reino unificado de Xeorxia no século IX. Os turcos otománs conquistaron o país no 1614. A islamizción da súa poboación produciuse a partir de entón. Os otománs cederon Adjaria ó Imperio Ruso en expansión após a guerra ruso-turca de 1877-78.

Goberno thumbnail|esquerda|Logo do Congreso de Ministros. thumbnail|esquerda|Edificio do goberno en Batumi.

O status da República Autónoma de Ajara está definida pola lexislación de Xeorxia e unha nova constitución da rexión foi adoptada após a deposición de Aslan Abashidze. O corpo lexislativo local é o Consello Supremo da República Autónoma de Adjara (Parlamento), que consiste en 30 membros electos cada catro anos.

Adjara está dividida en 6 distritos:

Batumi - Capital Distrito de Keda Distrito de Kobuleti Distrito de Khelvachauri Distrito de Shuakhevi Distrito de Khulo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Goberno de Adjara Consello Supremo de Adjara Departamento de Turismo de Adjara Territorios Xeorxianos: Ajaria - BBC Islam and Islamic Practices in Georgia In pictures: Ajaria's 'velvet revolution' 2004

Categoría:Rexións de Xeorxia