Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Ponce de León José Luis Gerardo Ponce de León, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 8 de maio de 1961, é un eclesiástico católico latino e misioneiro da Consolata, dende 2013 bispo de Manzini (Eswatini). Traxectoria O 9 de xaneiro de 1983 profesou como membro dos misioneiros da Consolata, e o 28 de decembro de 1985 fixo a profesión solemne. O 2 de agosto de 1986 foi ordenado sacerdote deste instituto.
O 24 de novembro de 2008 foi nomeado vigairo apostólico de Ingwavuma (Suráfrica) e bispo titular de Maturba. Recibiu a consagración episcopal o 18 de abril de 2009, de mans do arcebispo James Patrick Green, nuncio para Eswatini.
O 29 de novembro de 2013 foi nomeado bispo de Manzini, pasando asemade a ser administrador apostólico de Ingwavuma.
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Misioneiros da Consolata Categoría:Relixiosos católicos da Arxentina Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos da Arxentina Categoría:Bispos católicos de Eswatini Categoría:Bispos católicos de Suráfrica