O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) é unha especie de pingüín que habita na costa antártica, recibe o seu nome pola Terra Adelia, que á súa vez leva o nome da dona do explorador francés Jules Dumont d'Urville o descubridor deses pingüíns en 1840.Adélie, adj. and n. OED Online. Oxford University Press, March 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
Descrición Cunha altura de 75 cm e peso de entre 3,8 e 6,8 kgBeau Riffenburgh (dir.), David Ainley et al., Encyclopedia of the Antarctic, vol. 1 : A-K, USA, 2007, p. 5 teñen dimorfismo sexual moi pronunciado. A súa marcas distintiva é un anel branco arredor de cada ollo e as longas plumas na base do peteiro que ocultan a maior parte da zona vermella do peteiro. O seu rabo é un pouco máis grande ca dos outros pingüíns. Distribución e hábitat thumbnail|esquerda|280px| Pingüíns de Adelia nun iceberg Estimábase que en 2014 había 3 790 000 parellas nidificantes en 251 colonias, un aumento do 53% sobre o anterior censo completado vinte anos antes. As colonias da península Antártica declinaron pero o aumento na Antártida oriental compensa esas perdas. Durante a tempada de crianza congréganse en grandes colonias, algunha de máis dun cuarto de millón de parellas.Schwaller, M. R.; Southwell, C. J.; Emmerson, L. M. (2013). "Continental-scale mapping of Adélie penguin colonies from Landsat imagery". Remote Sensing of Environment 139: 353 Comportamento miniatura|300px|right|Pingüins de Adelia no cabo Adare Alimentación Aliméntanse principalmente de krill antártico e krill do xeo, peixes e luras glaciais. O krill pasou a ser o seu alimento principal desde hai 200 anos, coincidindo co declive das baleas e o aumento conseguinte do krill.
Reprodución miniatura|Apareamento de pingüíns de Adelia Arriban á zona de crianza en outubro-novembro e fan os seus niños con pedras. En decembro machos e femias altérnanse para alimentarse e criar e en marzo adultos e crías volven ao seu lugar de orixe.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Birdlife Photovolcanica 15pxVídeo de exemplares xuvenís na illa Yalour
Categoría:Pygoscelis Categoría:Aves da Antártida Categoría:Animais descritos en 1841