Donald Siegel, nado en Chicago (Illinois) o 26 de outubro de 1912 e finado en Nipomo (California) o 20 de abril de 1991 foi un director e produtor cinematográfico estadounidense.

Traxectoria De orixe xudía, estudou en Nova York e en Inglaterra. Durante un tempo estudou belas artes en París, pero abandonouno aos vinte anos para establecerse nos Ánxeles, atopando traballo na Warner Bros. tras coñecer o produtor Hal B. Wallis.

Na compañía chegou a ser xefe do departamento de montaxe, onde dirixiu escenas coma os títulos de créditos de Casablanca. Dirixiu ademais filmes de todos os xéneros, como Invasion of the Body Snatchers (1956), Flaming Star (1960), con Elvis Presley, ou Harry o sucio (1971), con Clint Eastwood. O filme Sen perdón, de Eastwood, está dedicado "para Don e Sergio".

Filmografía

Star in the Night (1945) The Verdict (1946) Night Unto Night (1947) O gran roubo (1949) The Duel at Silver Creek (1952) Count the Hours (1953) China Venture (1953) Riot in Cell Block 11 (1954) Private Hell 36 (1954) The Blue and Gold (1955) Invasion of the Body Snatchers (1956) Crime in the Streets (1956) Baby Face Nelson (1957) Spanish Affair (1957) The Gun Runners (1958) The Lineup (1958) Hound-Dog Man (1959) Edge of Eternity (1959) Flaming Star (1960) Hell Is for Heroes (1962) Os asasinos (1964) The Hanged Man (1964) Stranger on the Run (1967) Coogan's Bluff (1968) Brigada homicida (1968) Death of a Gunfighter (1969) Dúas mulas e unha muller (1970) As defraudadas (1971) Harry o sucio (1971) A gran estafa (1973) Muíño negro (1974) The Shootist (1976) Telefon (1977) Fuga de Alcatraz (1979) Rough Cut (1980) Jinxed! (1982)

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

An Academy Salute to Don Siegel, With Curtis Hanson and Clint Eastwood

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1991