Robert Siodmak, nado en Dresden (Alemaña) o 8 de agosto de 1900 e finado en Ascona (Suíza) o 10 de marzo de 1973 foi un director de cinema estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria Siodmak traballou como director de escena e como banqueiro antes de converterse en montador e guionista para Curtis Bernhardt en 1925. En 1929 convenceu o seu primo Seymour Nebenzal para que financiase o seu primeiro filme, Menschen am Sonntag, escrito polo seu irmán Curt Siodmak. Co ascenso do Nazismo, Siodmak, de orixe xudía, abandonou Alemaña para ir a París e finalmente a Hollywood, onde chegou en 1939.

Desde 1941 comezou a dirixir filmes de serie B para varios estudios antes de conseguir un contrato de sete anos con Universal Studios en 1943, na que adoitaba ser empregado para salvar producións problemáticas. O seu primeiro filme de serie A foi Cobra Woman en 1944. Ese mesmo ano dirixiu o seu primeiro filme negro, xénero que lle daría recoñecemento. En 1946 conseguiu unha candidatura ao Oscar ao mellor director por Os asasinos.

En 1952, trala problemática produción de O temible burlón marchou a Europa, onde dirixiu Die Ratten, Oso de Ouro no festival de Berlín, ou Nachts, wenn der Teufel kam. Volveu a Hollywood en 1967 para dirixir A última aventura do xeneral Custer, que foi outra decepción.

Finou en 1973, sete semanas despois do pasamento da súa dona.

Filmografía

Menschen am Sonntag (1930) Abschied (1930) Der Kampf mit dem Drachen oder: Die Tragödie des Untermieters (1930) The Man in Search of His Murderer (1931) Voruntersuchung (1931) Storms of Passion (1932) Quick (1932) The Burning Secret (1933) Le Sexe Faible (1933) La Crise est finie (1934) La Vie Parisienne (1935) Mister Flow (1936) Cargaisons Blanches (Le Chemin de Rio) (1937) Mollenard (1938) Ultimatum (1938, sen acreditar) Pieges (1939) West Point Widow (1941) Fly-by-Night (1942) My Heart Belongs to Daddy (1942) The Night Before the Divorce (1942) Someone to Remember (1943) Son of Dracula (1943) Phantom Lady (1944) Cobra Woman (1944) Christmas Holiday (1944) The Suspect (1945) The Strange Affair of Uncle Harry (1945) The Spiral Staircase (1945) Os asasinos (1946) A través do espello (1946) Time Out of Mind (1947) Cry of the City (1948) Criss Cross (1948) The Great Sinner (1949) The File on Thelma Jordon (1949) Deported (1950) The Whistle at Eaton Falls (1951) O temible burlón (1952) Le Grand Jeu (1954) Die Ratten (1955) Mein Vater, der Schauspieler (1956) Nachts, wenn der Teufel kam (1957) Katia (1959) Dorothea Angermann (1959) The Magnificent Sinner (1959) The Rough and the Smooth (1959) Der Schulfreund (1960) L'Affaire Nina B. (1961) Escape from East Berlin (1962) Der Schut (1964) Der Schatz der Azteken (1964) Die Pyramide des Sonnengottes (1965) A última aventura do xeneral Custer (1967) Kampf um Rom I (1968) Kampf um Rom II'' (1969)

Véxase tamén Ligazóns externas

Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Regilexikon Virtual History

Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Dresde Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá