Oleg Bryzhak (en ucraíno Олег Брижак), nado o 27 de outubro de 1960 e finado o 24 de marzo de 2015, foi un baixo-barítono operístico kazakh-alemán. Nado en Dzhezkazgan (República Socialista Soviética de Kazakhstán) no seo dunha familia ucraína, Andriy Melnyk, o embaixador de Ucraína en Alemaña, confirmou que Bryzhak era étnicamente ucraíno, mais non tiña a nacionalidade ucraína. trasladouse a Alemaña en 1991 para traballar no Badisches Staatstheater Karlsruhe. Dende 1996 ata a súa morte, foi solista na Deutsche Oper am Rhein de Düsseldorf.
Bryzhak foi protodiácono nunha igrexa ortodoxa ucraína en Krefeld.
Bryzhak morreu o 24 de marzo de 2015 xunto coa súa compañeira Maria Radner na catástrofe aérea do voo 9525 de Germanwings en Francia, durante o seu regreso a Düsseldorf logo de realizar varias representacións do Siegfried de Richard Wagner no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Oleg Bryzhak
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Baixo-barítonos de Alemaña Categoría:Baixo-barítonos da Unión Soviética Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL Categoría:Finados en accidente aéreo Categoría:Nados en Kazakhstán