The Way of the Fist foi o primeiro álbum de estudio do grupo Five Finger Death Punch, publicado o 31 de xullo de 2007, acadando as 3,800 copias vendidas na primeira semana trala publicación. The Way of the Fist acadou a posición 107 na lista Billboard 200 e foi certificado coma disco de ouro o 1 de abril de 2010 ao chegar as 500 000 copias vendidas.

Reedicións Reedición de 2008 O disco reeditouse e publicouse de novo o 13 de maio de 2008. Esta nova edición contiña tres novos temas, "Never Enough", "Stranger than Fiction", e unha versión acústica de "The Bleeding".

Edición "Iron Fist" O 22 de novembro de 2010 o álbum foi reeditado de novo no formato "deluxe", publicado có título The Way Of The Fist: Iron Fist Edition. Esta versión tiña unha nova portada e contiña un DVD documental, tres vídeos musicais, un CD a maiores con 11 temas e versións entre outros extras.

Lista de cancións

Posicións nas listas Lista (2007)Pos. máis altaUS Billboard 200107US Billboard Heat Seekers1

Sinxelos Publicáronse tres sinxelos deste álbum:

AnoTítulo 2007"The Bleeding" 2008"Never Enough""Stranger than Fiction"

Autores

Five Finger Death Punch Ivan L. Moody – Voz principal Zoltan Bathory – Guitarra Darrell Roberts – Guitarra en "White Knuckles" Matt Snell – Baixo, voces Jeremy Spencer – Batería Músicos adicionais Uros Raskovski – Solo de guitarra en "The Bleeding"

Produción Zoltan Bathory e Jeremy Spencer - Produtores Logan Mader – Mesturas Stevo "Shotgun" Bruno - Enxeñeiro de son Sxv'Leithan Essex – Deseño artístico

Notas

Categoría:Álbums de Five Finger Death Punch Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Spinefarm Records Categoría:Álbums producidos por Jeremy Spencer