Na tempada 2009-2010 disputouse a 77ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga.
Na final, xogada no Estadio de La Albuera de Segovia o 16 de maio de 2010, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu segundo título copeiro derrotando por 33 a 17 ó CR La Vila de La Vila Joiosa, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.
Formato O formato da competición contou con tres roldas eliminatorias: Cuartos de final: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro entre os oito mellores equipos da liga na primeira volta. Semifinais: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro. Final: Encontro único nun campo elixido pola Federación Española de Rugby antes do comezo do torneo. Participantes Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):Rugby. División de Honor. (9ª jornada), na hemeroteca de Mundo Deportivo. PostoEquipoPuntosPXPGPEPPP+P-Bonus 1º. El Salvador 36 9 8 0 1 231 133 4 2º. La Vila29 9 6 0 3 291 162 5 3º. CRC 26 9 5 0 4 229 182 6 4º. Gernika 25 9 5 0 4 240 210 5 5º. VRAC 24 9 5 0 4 213 187 4 6º. Ciencias 21 9 4 0 5 183 176 5 7º. Ordizia 20 9 5 0 4 160 201 0 8º. Santboiana 20 9 4 0 5 142 217 4 9º. Bera Bera 9 9 2 0 7 170 198 1 10º. Les Abelles 7 9 1 0 8 111 304 3
Torneo Cuartos de final (28/29 de novembro de 2009) La Vila-Cajasol y Cetransa-Quesos Entrepinares, semifinales de la Copa del Rey, artigo de Marca. Ordizia 22-34 El Salvador VRAC 24-12 CRC La Vila 23-19 Gernika Ciencias 22-9 Santboiana Semifinais (8/9 de maio de 2010)El VRAC Quesos Entrepinares, primer y justo finalista de Copa, artigo de Marca. La Vila alcanza su primera gran final al doblegar al Ciencias, artigo de Marca. El Salvador 22-24 VRAC La Vila 25-12 Ciencias Final (16 de maio de 2010) El VRAC Quesos Entrepinares conquista su segunda Copa, artigo de Marca. VRAC 33-17 La Vila Cadro da competición
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos
2010 Categoría:Rugby en 2010