La Prensa Gallega foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1885.

Historia e características Subtitulado Periódico regional, apareceu o 15 de maio de 1885.Gaceta de Galicia, 16-5-1885, p. 2. O seu director e propietario era Francisco Salgado López. Entre os seus redactores figuraron Eusebio Alonso Vieites e Ricardo Grimaldos. Inicialmente era bisemanal e despois foi semanario. Aínda se publicaba a finais de decembro de 1885.El Eco de Galicia, 7-2-1886, p. 7..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1885 en Galicia