Francisco Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1859 finado na Coruña o 8 de novembro de 1940, foi un avogado, xuíz, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Irmán de Antonio Salgado López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884), dirixiu La Prensa Gallega de Santiago de Compostela en 1885. Comezou a exercer como avogado no Xulgado de Chantada. En 1890 aprovou as oposicións á xudicatura, e tivo o seu primeiro destino en Salas de los Infantes (Burgos). Foi xuíz en Callosa d'en Sarrià (Alacant) en 1902, e despois en Cambados e Pontedeume; foi fiscal da Audiencia de Ourense (1916-1924) e fiscal da Audiencia Territorial da Coruña (1924-1927). Publicou poemas en La Región, Vida Gallega e El Eco del Ulla. Utilizou os pseudónimos Proscenio e Lady Sofrosine. Finou na Coruña o 8 de novembro de 1940.El Ideal Gallego, 9-11-1940, p. 3.

Vida persoal Casou con Consuelo Boo. Foi pai de Sara, Raquel (que casou en 1921 con Primitivo Rodríguez Sanjurjo), e Lia Salgado Boo.

Obras En castelán El secuestro del poder judicial, 1902. Los bacilos y los bastoncitos de doña Perfecta, 1902. Poesías, cuentos, aforismos y poemas breves.

En galego A leenda d’un probe. A soedá do campo, 1918. A Galicia, 1918. Cantares d’a Terra (2 volumes), 1922,1927.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Francisco Salgado López de Quiroga, el jutge poeta, per Joaquín Ronda Pérez

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Xornalistas de Monterroso Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela