Susana Rodríguez García, nada en Ourense en 1970, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Estudou filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro entre os anos 1997 e 2000, participando no desenvolvemento de BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega. Foi concelleira polo BNG en Barbadás de 2003 a 2007 e responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Ourense de finais de 2008Entrevista a Susana García, La Voz de Galicia, 20 de marzo de 2010 a 2011. Concelleira en Ourense logo das eleccións de 2011, foi tamén a número dous da lista ao Congreso dos Deputados polo BNG nas eleccións xerais de 2011Entrevista a Susana García, La Región, 9 de novembro de 2011 e a candidata pola devandita formación á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 2015.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Barbadás Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes