Ferrocarrís Federais Suízos (en alemán: Schweizerische Bundesbahnen, en francés: Chemins de fer fédéraux suisses, en italiano: Ferrovie federali svizzere), coñecida polas súas abreviaturas SBB CFF FFS en alemán, francés e italiano, é a principal empresa ferroviaria de Suíza e unha das máis importantes do continente europeo. É unha empresa pública constituída como Sociedade Anónima (S.A.), cuxo capital accionario é do Estado Suízo na súa totalidade e ten a súa sede central en Berna.

En cifras Pasaxeiros anuais (2007): 306,7 millóns. Cargas anuais: 60 millóns de toneladas. Lonxitude da rede: 3.000 km (aprox.) Estacións: 824 Estacións de pasaxeiros: 760 Estacións de carga: 452 Estación coa maior cantidade de viaxeiros: Zürich Empregados: 27,438 Puntualidade (2007): O 95,9% dos tréns circulou con menos de 5 minutos de demora.

Mapa da rede ferroviaria de Suíza

600px|Mapa de liñas de Suíza.

Véxase tamén

Categoría:Transporte en Suíza