Vassilis Xanthopoulos (en grego: Βασίλης Ξανθόπουλος), nado o 29 de abril de 1984 en Marusi, Atenas, é un xogador profesional de baloncesto grego que xoga para o Panionios BC da A1 Ethniki grega. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.
Traxectoria profesional Xanthopoulos medrou xogando nas categorías inferiores do Olympiacos dende o ano 1997. Comezou a xogar coma profesional en 2002, no Near East da liga grega. No ano 2004, Xanthopoulos fichou polo Panathinaikos. En 2005, fichou polo PAOK Tesalónica. En 2006 volveu ó Panathinaikos, onde conseguiu a Tripla Coroa no ano 2007, tras gañar a liga grega, a copa grega, e a Euroliga na mesma tempada. Co Panathinaikos, Xanthopoulos gañou dúas ligas gregas e dúas copas gregas. En 2013, tras pasar polo Panionios en 2009, o Panellinios en 2011, e volver ó Panathinaikos en 2012, fichou polo Obradoiro CAB da Liga ACB. Posteriormente regresa a Grecia para xogar no Panionios, o Aris Tesalónica e o AEK Atenas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados na periferia de Ática Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica BC Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do Panionios BC Categoría:Xogadores do Panellinios BC Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Aris BC Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC