(lit. "gorila"; gardacostas, en sentido coloquial) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1961. Está protagonizado por Toshirō Mifune, Tatsuya Nakadai, Seizaburō Kawazu e Kyu Sazanka. Ambientada no Xapón do século XIX durante o Shogunato Tokugawa, conta a historia dun rōnin que chega a unha vila onde dous xefes do crime se enfrontan pola supremacía.

Sanjuro (1962), influenciada polo éxito de Yojimbo, foi modificada para caracterizar un personaxe principal similar ó da súa predecesora.

Sinopse É o ano 1860, durante a época na que o shogunato Tokugawa está chegando á súa fin. Un rōnin, ou samurai sen amo, anda deambulando ata chegar a unha pequena cidade dividida pola guerra entre dúas bandas criminais, nunha manda Seibei e na outra Ushitora. Ushitora fora noutrora a man dereita de Seibei; a confianza deteriorouse cando Seibei determinou que o sucedería seu fillo Yoichiro.

Tazaemon, o comerciante de seda e alcalde, volve por Seibei; mentres Tokuemon, o cervexeiro, é partidario de Ushitora. Gonji, o propietario dunha pousada, aconsella ó forasteiro que se marche mentres poida, mais o rōnin pensa tirar proveito da situación.

Personaxes Toshiro Mifune como Kuwabatake Sanjuro, o forasteiro Eijirō Tōno como Gonji, propietario da pousada Seizaburo Kawazu como Seibei Kyū Sazanka como Ushitora Takashi Shimura como Tokuemon, o cervexeiro Kamatari Fujiwara como Tazaemon, o alcalde Tatsuya Nakadai como Unosuke

Conflitos de autor Sergio Leone filmou Por un puñado de dólares no 1964, un remake protagonizado por Clint Eastwood, e non pagou os dereitos de autor. Tivo problemas legais; iniciouse un xuízo entre os produtores do filme xaponés de Kurosawa e a produtora de Leone. O director xaponés reclamaba a autoría do guión xunto a Ryuzo Kikushima; o xuízo resultou favorable á produtora xaponesa, atrasando dous anos a estrea da película de Leone nos Estados Unidos.

Véxase tamén Ligazóns externas Yojimbo (El mercenario), ficha da película en filmaffinity. Yojimbo (1961), ficha da película en IMDb.

Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de samurais