Atlantis: The Lost Empire é un filme estadounidense de animación creado por Walt Disney Feature Animation. Escrito por Tab Murphy, dirixido por Gary Trousdale e Kirk Wise, e producido por Don Hahn, ten as voces de Michael J. Fox, Cree Summer, James Garner, Leonard Nimoy, Don Novello e Jim Varney.
Sinopse Un mozo aventureiro chamado Milo herda un antigo diario que contén chaves de como chegar a Atlantis, o mítico reino asulagado. Xunto a outros intrépidos personaxes, Milo decide embarcarse no Ulises, un abraiante submarino, nunha arriscada expedición ó fondo do mar.
Personaxes Michael J. Fox como Milo James Thatch James Garner como Comandante Lyle Tiberius Rourke Cree Summer como Kidagakash "Kida" Nedakh Don Novello como Vincenzo "Vinny" Santorini Phil Morris como Doutor Joshua Strongbear Sweet Claudia Christian como Tenente Helga Katrina Sinclair Jacqueline Obradors como Audrey Rocio Ramirez Florence Stanley como Wilhelmina Bertha Packard David Ogden Stiers como Fenton Q. Harcourt Jennifer Seguin como Kida's Mother Holly Gauthier-Frankel como Ms. Harcourt John Mahoney como Preston B. Whitmore Jim Varney como Jebidiah Allardyce "Cookie" Farnsworth Corey Burton como Gaëtan "Mole" Molière Leonard Nimoy como Kashekim Nedakh
Galardóns e nomeamentos 2001: Premios Annie: 6 nomeamentos técnicos.
Obras relacionadas Videoxogos Hai varios videoxogos baseados no filme. Atlantis: The Lost Empire – Search for the Journal foi desenvolvido por Zombie Studios e publicado por Disney Interactive. Lanzouse para Microsoft Windows. Atlantis: The Lost Empire – Trial by Fire foi desenvolvido por Zombie Studios e publicado por Disney Interactive. Lanzouse para Microsoft Windows.
Atlantis: The Lost Empire é un videoxogo de acción e aventura desenvolvido por Eurocom Entertainment Software e publicado por Sony Computer Entertainment para a consola PlayStation. O xogador controla a Milo, Audrey, Molière, Kida e Vinny mentres atravesan a Atlántida descubrindo os seus segredos. Algunhas funcións do xogo desbloquean outras (como un filme) ao atopar elementos agochados durante o xogo. THQ lanzou Atlantis: The Lost Empire para Game Boy Advance e Game Boy Color. En Game Boy Color, é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Eurocom Entertainment Software no cal o xogador controla a Milo, Audrey, Molière e Vinny nunha misión para descubrir a Atlántida. En Game Boy Advance, é un xogo de plataformas desenvolvido por 3d6 Games que se basea en buscar e recoller cristais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gary Trousdale Categoría:Filmes dirixidos por Kirk Wise Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C.