Pleodorina é un xénero de algas verdes coloniais da familia Volvocaceae.Ver o NCBI webpage on Pleodorina. Datos extraídos de Unha descrición do xénero feita por Gilbert M. Smith é.Smith, GM. Phytoplankton of Inland Lakes of Wisconsin, Part I, Wisconsin Geological and Natural History Survey, Madison, WI. (1920). Páxinas 96-97. Pleodorina Shaw 1894:

Colonias sempre móbiles; esféricas ou subesféricas, de 32-128 células situadas a certa distancia unhas doutras na periferia da envoltura colonial xelatinosa, hialina e homoxénea e non conectadas por cordóns citoplasmáticos. Células diferenciadas en células de carácter puramente vexetativo e outras capaces de dividirse para formar colonias fillas. Todas as células da colonia menos catro son reprodutivas ou ben aproximadamente a metade son reprodutivas e a outra metade vexetativas. Células de esféricas a ovoides. Células vexetativas con cloroplastos con forma de copa que conteñen un pirenoide; unha mancha ocular grande anterior; dous cilios de igual lonxitude con dous vacúolos contráctiles na súa base. Células reprodutoras inicialmente iguais ás células vexetativas, posteriormente cun cloroplasto máis masivo que finalmente contén varios pirenoides. A mancha ocular e os cilios das células reprodutoras desaparecen cando son maduras.

As colonias novas de Pleodorina son moi similares ás de Eudorina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eudorina Pandorina Gonium

Bibliografía

Ligazóns externas Pleodorina - Descrición con imaxes

Referencias científicas

Bases de datos científicas

Categoría:Algas verdes