Willow Camille Reign Smith, nada nos Ánxeles o 31 de outubro de 2000, é unha cantante, actriz e bailarina estadounidense. É a filla de Will Smith e Jada Pinkett Smith, e a irmá máis nova de Jaden Smith e medio irmá de Willard Carroll "Trey" Smith III. Smith fixo a súa primeira aparición no cine no filme de 2007 Son lenda, e máis tarde apareceu en Kit Kittredge: An American Girl xunto con Abigail Breslin.

Alén da ser actriz, comezou a súa carreira musical con "Whip My Hair" e "21st Century Girl", asinando co selo discográfico Roc Nation, e converténdose na artista máis nova con este selo. "Whip My Hair" acadou o número 11 nos Billboard Hot 100. O vídeo foi nomeado na categoría Vídeo do ano nos Premios BET de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados nos Ánxeles