Lost in the Dream é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock The War on Drugs, publicado o 18 de marzo de 2014 a través do selo Secretly Canadian. O disco estreouse no número #26 da lista Billboard 200 e tivo boas críticas en todo o mundo tras o seu lanzamento.

As sesións de gravación, que tiveron lugar ao longo dun período de dous anos, caracterizouse por numerosas reescrituras. A temática lírica do traballo estivo influenciada pola soidade e depresión de Granduciel tras rematar a anterior xira.

Lost in the Dream foi elixido terceiro mellor álbum do ano 2014 pola publicación estadounidense Pitchfork Media.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The War on Drugs Categoría:Álbums musicais de 2014