Syro é un álbum do músico electrónico británico Richard D James, publicado baixo o pseudónimo Aphex Twin o 19 de setembro de 2014 a través do selo Warp Records. É o seu sexto traballo de estudio como Aphex Twin e o seu primeiro traballo de estudio en 13 anos, dende o Drukqs (2001). O álbum é tamén a primeira edición oficial como Aphex Twin dende Chosen Lords (2006), unha recompilación de temas para a serie Analord.
Gravado nun período de varios anos en distintos estudios, Syro ten 12 cancións e incorpora varios subxéneros de música electrónica como techno, glitch, jungle e ambient. O álbum tamén inclúe voces editadas de James e a súa familia.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Aphex Twin Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums de Warp Records