As carrilanas son vehículos de 3 ou 4 rodas de descenso costa abaixo sen ningún tipo de propulsión que poden acadar velocidades elevadas.

As carrilanas teñen unha clara orixe lúdica popular, estando presentes en moitos países. Son populares no norte da Península Ibérica, especialmente en Galicia e o norte de Portugal, Asturias, Euskadi, Navarra e Cataluña.

Historia miniatura|Rapaz neerlandés montado nunha carrilana en 1950. A orixe das carrilanas remóntase ás primeiras décadas do século XX, cando os nenos non tiñan apenas xoguetes; foi entón cando facendo uso da inventiva se comezaron a construír as primeiras carrilanas, con táboas ou calquera tipo de madeira, coas rodas tamén de madeira, podendo recubrirse con gomas, creándose deste xeito uns vehículos con aparencia de bólidos cos que se precipitaban polas costas abaixo.

miniatura|Carrilana nunha competición en Bad Wörishofen (Baviera) en 2012. A que fora unha das diversións dos nenos da primeira metade do século XX, adquiriu carácter competitivo, mais son enxeños nos que a velocidade non é o único que importa, as innovacións mecánicas e os acabados froito da imaxinación imperan por riba do espírito de competición.

En Galicia celébranse eventos relacionados con carrilanas en varias localidades como as Carrilanas de Esteiro (Muros), declarada Festa de interese turístico de Galicia no 2000 e Festa de interese turístico nacional en 2021, as de Trasouteiro (Vimianzo) ou as de Valdoviño. É usual bautizalas con algún nome. Coñécense como carrinhos de rolimã en Portugal, goitibehera no País Vasco ou carretons en Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 20px

Categoría:Festas de Galicia Categoría:Xogos populares Categoría:Vehículos de carreiras