José Caballero Rubio, nado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 22 de marzo de 1909 e finado no Confurco (Xinzo, Ponteareas) en outubro de 1936, foi un mestre e político español.

Traxectoria Foi mestre interino en Peñarroya-Pueblonuevo (1927), El Viso (1928) e Sileras (1929). En 1930 aprobou as oposicións. Foi destinado na escola de Triñáns (Abanqueiro). Secretario da agrupación boirense de Unión Republicana foi nomeado concelleiro en Boiro e elixido tenente de alcalde logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e, posteriormente, detido co tamén mestre Rodrigo Álvarez Gantes. Trasladado ao cárcere de Santiago de Compostela, foi sacado da cadea unha noite de outubro de 1936 e asasinado. O seu cadáver apareceu no Confurco (Xinzo, Ponteareas).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Represión contra catro concelleiros da República

Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Boiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Córdoba Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1936