A arquidiocese de Suva (en latín: Archidioecesis Suvana) é unha sé metropolitana da Igrexa católica latina. En 2010 tiña 101.050 bautizados sobre unha poboación total de 1 297 683 habitantes. Peter Loy Chong é o actual arcebispo.
Territorio A arquidiocese abrangue todo o arquipélago das Fidxi. A sé arcebispal é a cidade de Suva, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.
O territorio está organizado en 35 parroquias.
Provincia eclesiástica Diocese País Arquidiocese de Suva Diocese de Rarotonga Diocese de Tarawa e Nauru
Historia O arquipélado das illas Fidxi foi evanxelizado polos padres maristas, que comezaron a chegar ás illas en 1844, cando os misioneiros británicos metodistas wesleyanos xa estaban fortemente estabelecidos.
O 27 de marzo de 1863 foi erixida a prefectura apostólica das Illas Fidxi, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central.
O 10 de maio de 1887 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostólica.
O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana e tomou a súa denominación actual.
Episcopoloxio O único prefecto apostólico das illas foi: Jean-Baptiste Breheret (1863 - 1887, renuncia) Os vigairos apostólicos foron os seguintes: Julien Vidal (13 de maio de 1887 - 2 de abril de 1922, finado) Charles-Joseph Nicolas (2 de abril de 1922 - 15 de agosto de 1941, finado) Victor Frederick Foley (11 de maio de 1944 - 1 de xaneiro de 1967, renuncia) Dende a súa elevación, os seus arcebispos teñen sido os seguintes George Hamilton Pearce (22 de xuño de 1967 - 10 de abril de 1976, renuncia) Petero Mataca (10 de abril de 1976 - 19 de decembro de 2012, retirado) Peter Loy Chong (19 de decembro de 2012 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas nas Illas Fiji Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina