Luís Alfonso Blanco Vila, nado en Boiro o 9 de novembro de 1936 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 2023, foi un catedrático, escritor, xornalista, crítico literario, tradutor e político galego, autor de máis de 30 obras,Número de obras realizadas por Luís Blanco Vila e as súas máis destacadas (2 seccións da súa biografía) entre as que destacan Memorias de un gato tonto e Para leer a Camilo José Cela.

Traxectoria

Foi profesor de Literatura Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura da Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación da Universidade San Pablo CEU.

Dirixiu, entre outras publicacións, El Ideal Gallego. Foi correspondente en París e Roma.

Obras destacadas Madrid al paso: un paseo cultural (1976; ensaio) De las costumbres económicas de los españoles (1977; ensaio) El Correo Gallego: 100 años de aportación a la historia 1878-1978 (1978; ensaio) Dos días antes y otras antiguallas (1982; novela curta e contos).Incluído, tamén, na Biblioteca 114 (El Correo Gallego). Para leer a Camilo José Cela (1991; crítica literaria) Domestico de Lujo (1992; novela) Diálogo con las sombras (1992; novela) La crisis de las ideas en el fin-de-siglo (1995; crítica literaria) Memorias de un gato tonto (1996; novela infantil) La literatura del siglo XX (1999; crítica literaria) El Último Vuelo del Principito (2000; novela) La Literatura Contada Con Sencillez (2002; crítica literaria) Literatura y existencia. Ensayo metodológico de Literatura Contemporánea Comparada (2013; crítica literaria).

Vida familiar Casou con Begoña Urgoiti Fernández de Viana e tiveron por fillos a Begoña M.ª Pilar, Luís Ignacio e Javier Alfonso, Jaime e Uxía.

Recoñecementos Premio Doncel 1967. Premio Café Gijón 1975 por Ministro. Premio Felipe Trigo 1991. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía de Luís Blanco Vila en Galegos.com

Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Boiro Categoría:Profesores da Universidade San Pablo CEU Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Finados en 2023 Categoría:Novelistas de Galicia en lingua castelá Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Correspondentes internacionais Categoría:Ensaístas de Galicia