Total Recall é un filme estadounidense de acción dirixido por Paul Verhoeven que se estreou en 1990. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Rachel Ticotin, Sharon Stone, Michael Ironside e Ronny Cox. O filme está vagamente baseado na historia de Philip K. Dick "We Can Remember It for You Wholesale". O guión foi escrito por Ronald Shusett, Dan O'Bannon, Jon Povill e Gary Goldman, e gañou o Oscar especial polos seus efectos visuais. A banda sonora orixinal foi composta por Jerry Goldsmith, que gañou o Premio musical BMI.
Foi un dos filmes máis caros do seu tempo, malia que as estimacións do seu orzamento varían e non está claro quen ten o récord. Rambo III, Quen enganou a Roger Rabbit? e Die Hard 2 están considerados os filmes máis caros do mesmo ano que Total Recall.
Sinopse A Terra no ano 2084. Doug Quaid, un home que leva unha vida aparentemente tranquila, vive atormentado por un pesadelo que tódalas noites o transporta até Marte. Decide entón recorrer ó laboratorio de Recall, unha empresa de vacacións virtuais que lle ofrece a oportunidade de materializar o seu soño grazas a un forte alucinóxeno, pero a droga faino lembrar unha estancia verdadeira en Marte cando era o máis temido axente do cruel Coohagen.
Personaxes Arnold Schwarzenegger como Douglas Quaid Rachel Ticotin como Melina Sharon Stone como Lori Quaid Ronny Cox como Vilos Cohaagen Michael Ironside como Richter Mel Johnson, Jr. como Benny Marshall Bell como George e a voz de Kuato Roy Brocksmith como Dr. Edgemar Ray Baker como Bob McClane Michael Champion como Helm Rosemary Dunsmore como Dr. Renata Lull Robert Costanzo como Harry Marc Alaimo como Capitán Everett Dean Norris como Tony Debbie Lee Carrington como Thumbelina Lycia Naff como Mary
Galardóns e nomeamentos 1990: Premios Oscar: Premio especial ós mellores efectos visuais. Nomeado a son e efectos sonoros. 1990: Premios BAFTA: Nomeado a mellores efectos visuais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Paul Verhoeven Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes rodados en Nevada Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes ambientados en 2084