Rodrigo Álvarez Gantes, nado en Ponteceso o 4 de xullo de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

miniatura|Rodrigo Alvarez Gantes

Naceu en Ponteceso, fillo do garda civil Domingo Álvarez Fernández, natural do Navallo (Ourense), e de Carmen Gantes Palleiro, natural de San Cristovo. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela, onde estudou Maxisterio na Escola Normal. Foi elixido vogal da directiva da Asociación Profesional de Estudantes de Maxisterio o 30 de outubro de 1930.El Pueblo Gallego, 2-11-1930, p. 1. Foi mestre de Meixide (Palas de Rei) ata 1934. Destinado na escola de pósito de pescadores de Escarabote, militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto e, posteriormente, detido co tamén mestre José Caballero Rubio. Foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 1 de febreiro de 1937 con Braulio Castro Gallardo, Juan Outeiral, Ramón Lojo Agrelo, Santiago Miranda Lapido, José Maceiras Vilasoa e Bautista Torrado Rivadulla e condenado a morte.El Diario de Pontevedra, 2-2-1937, p. 2. Foi fusilado o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Juan Outeiral. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.Os seus restos foron inhumados nunha fosa común no cemiterio de Boisaca, o mesmo lugar onde foi fusilado.

O seu irmán Enrique, que exercía como mestre en Carballo foi destituído o 17 de agosto de 1938, e a súa irmá Clarisa, mestra de Landeira (Negreira), foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía en Ideologías Carta de Rodrigo ao seu irmán Enrique a véspera da súa execución

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1906 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Boiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1937