The Beautician and the Beast é un filme estadounidense dirixido por Ken Kwapis que se estreou en 1997. Está protagonizado por Fran Drescher e Timothy Dalton. A historia conta a vida dunha estilista de Nova York que é contratada por erro para ser mestra dos nenos dun presidente da Europa do leste. A historia é semellante á de The King and I, Sorrisos e lágrimas e Evita, con elementos que lembran á serie A Nanny, pola cal Drescher é máis famosa.

Sinopse Joy Miller (Fran Drescher), unha esteticista de Queens, é confundida cunha mestra de ciencias por Grushinsky, o embaixador dunha nación do leste de Europa. Grushinsky está de visita nos Estados Unidos na busca dunha titora para os fillos do ditador do seu país. Joy, logo de aceptar o emprego, viaxa a Europa, onde coñece ó alporizado líder de Slovetzia, Boris Pochenko (Timothy Dalton).

Personaxes Fran Drescher como Joy Miller Timothy Dalton como Boris Pochenko Ian McNeice como Ira Grushinsky Patrick Malahide como Leonid Kleist Lisa Jakub como Katrina Pochenko Michael Lerner como Jerry Miller Phyllis Newman como Judy Miller Heather DeLoach como Masha Pochenko Adam LaVorgna como Karl Pochenko Kile Wilkerson e Tyler Wilkerson como Yuri Pochenko Timothy Dowling como Alek.

Galardóns e nomeamentos 1997: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actriz (Fran Drescher).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ken Kwapis Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes sobre presidentes