Frankenweenie é unha curtametraxe dirixida por Tim Burton que se estreou en 1984. Está producida por Buena Vista Distribution e foi co-escrita por Burton e Leonard Ripps. É unha homenaxe do filme de 1931 Frankenstein baseado na novela Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelley. Burton tamén dirixiu a longametraxe remake de 2012.
Sinopse Victor Frankenstein é un neno que fai curtas na que o seu can Sparky é o protagonista, ata que este é atropelado por un camión. Na súa escola, Víctor aprende sobre o impulso eléctrico dos músculos e decide empregar esa técnica para revivir a súa mascota. Para iso, crea un complexo aparello que devolve a vida a Sparky. Se ben Victor e a súa familia aceptan ó revivido animal, os seus veciños están arrepiados.
Personaxes Barret Oliver como Victor Frankenstein Shelley Duvall como Susan Frankenstein Daniel Stern como Ben Frankenstein Joseph Maher como Mr. Chambers Roz Braverman como Mrs. Epstein Paul Bartel como Mr. Walsh Sofia Coppola como Anne Chambers Jason Hervey como Frank Dale Paul C. Scott como Mike Anderson Helen Boll como Mrs. Curtis Sparky como Sparky Rusty James como Raymond
Remake
Disney e Tim Burton produciron unha longametraxe en animación stop motion, que foi estreada o 5 de outubro de 2012 en Disney Digital 3D e IMAX 3D. O filme orixinal está incluído como un contido extra no formato Blu-ray.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Frankenweenie en TCM Movie Database
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes de Frankenstein