Full House é unha serie de televisión estadounidense creada por Jeff Franklin para a ABC. Ambientada na cidade de San Francisco, a serie conta a historia do pai viúvo Danny Tanner, quen despois da morte da súa muller Pam, é axudado polo seu mellor amigo Joey Gladstone e o seu medio irmán Jesse Katsopolis a criar as súas fillas, D.J., Stephanie e Michelle. Emitiuse dende o 22 de setembro de 1987 ata o 23 de maio de 1995, cun total de 192 episodios en oito temporadas.

Sinopse Despois de que a muller do reporteiro Danny Tanner morrese atropelada por un condutor bébedo, Danny convence ó seu medio irmán Jesse e ó seu mellor amigo Joey para que lle axuden a criar as súas tres fillas, D.J., Stephanie e Michelle, no seu fogar de San Francisco. Co tempo, os tres homes e mailas pequenas estreitarán cada vez máis a súa relación fraternal.

Personaxes Actor Personaxe John Stamos Jesse Katsopolis Bob Saget Danny Tanner Dave Coulier Joey Gladstone Candace Cameron D.J. Tanner Jodie Sweetin Stephanie Tanner Mary-Kate e Ashley Olsen Michelle Tanner Lori Loughlin Rebecca Donaldson Katsopolis Andrea Barber Kimmy Gibbler Scott Weinger Steve Hale Blake e Dylan Tuomy-Wilhoit Nicky e Alex Katsopolis

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1987 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1995 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América