O Eurofighter Typhoon é un avión militar polivalente, bimotor e de gran manobrabilidade. Está deseñado e construído polo consorcio europeo de empresas Eurofighter GmbH, creado en 1986 e composto polas compañías Airbus Group, BAE Systems e Alenia Aeronautica.

O desenvolvemento do avión iniciouse realmente en 1983 co programa Future European Fighter Aircraft, unha colaboración multinacional entre Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e España. Desacordos sobre a autoridade do deseño e requirimentos operacionais fixeron que Francia deixase o consorcio para desenvolver o Dassault Rafale de forma independente. Un demostrador tecnolóxico, o British Aerospace EAP, realizou o seu primeiro voo o 6 de agosto de 1986; o primeiro prototipo do Eurofighter finalizado voaría por vez primeira o 27 de marzo de 1994. O nome do avión, Typhoon, adoptouse en setembro de 1998 e os primeiros contratos de produción asináronse ese mesmo ano.

Problemas políticos entre as nacións participantes prolongaron significativamente o desenvolvemento do Typhoon; o fin repentino da guerra fría reduciu as demandas europeas para avións de caza, e existía un debate sobre o custo do aparello e a repartición do traballo. O Typhoon entrou en servizo no ano 2003; a día de hoxe opera nas forzas aéreas de Austria, Italia, Alemaña, Reino Unido, España e Arabia Saudita. As forzas aéreas de Omán e a de Kuwait son clientes de exportación, co que o total de compras chega aos 599 aparellos en 2016.

Desenvolvemento Orixes O Reino Unido identificara un requisito para un novo caza xa a principios de 1971. A especificación AST 403, emitida en 1972 levou á presentación do deseño P.96 a finais dos anos 70. Aínda que o deseño debería ter cumprido os requirimentos, a industria británica tiña reservas, xa que asemellábase moito ao McDonnell Douglas F/A-18 Hornet, que nese momento estaba nunha etapa avanzada de desenvolvemento. O deseño P.96 tiña pouco potencial para medrar, e cando entrase en produción aseguraría moi poucas exportacións nun mercado no cal o Hornet estaría ben establecido.Boot 1990, pp. 229–233 Porén, o requirimento simultáneo de Alemaña Occidental para un novo caza levou a que en 1979 se desenvolvese o concepto TKF-90.Buttler 2000, pp. 131–134 Este era un deseño cunha á delta e con controis "canard" dianteiros. Aínda que os deseñadores de British Aerospace rexeitaron algunha das súas avanzadas características como os motores con toberas vectoriais, estiveron de acordo coa configuración xeral do aparello.

En 1979 Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB) e British Aerospace (BAe) presentaron unha proposta formal aos seus respectivos gobernos para o ECF, o European Collaborative Fighter ou European Combat Fighter (caza colaborativo europeo ou caza de combate europeo).Buttler 1990, p. 134 No mes de outubro dese ano Dassault uniuse ao equipo do ECF para un estudo tri-nacional, que foi coñecido como o European Combat Aircraft (avión europeo de combate). Foi nest etapa do desenvolvemento cando o nome de Eurofighter se uniu ao avión.Butler 2000, p. 135 O desenvolvemento de diferentes prototipos nacionais continuou. Francia fabricou o ACX. O Reino Unido tiña dous deseños: o P.106 que era un caza lixeiro monomotor semellante ao JAS 39 Gripen, e o P.110 que era un caza bimotor. A RAF rexeitou o concepto P.106 porque era a "metade de efectivo que un avión bimotor a dous terzos do seu custo". Alemaña Occidental continuou refinando o concepto TKF-90. O proxecto ECA colapsou en 1981 por varias razóns, como diferenzas nos requisitos, o feito de que Dassault insistise en liderar o deseño, ou a preferencia británica por unha nova versión do motor RB199 para equipar o avión contra apreferencia francesa polo novo Snecma M88. miniatura|British Aerospace EAP En consecuencia, os socios de Panavia (MBB, BAe e Aeritalia) lanzaron o programa Agile Combat Aircraft (ACA) en abril de 1982.Buttler 2000, p. 137 O ACA era moi semellante ao BAe P.110, cunha á delta, canards e dobre cola. Unha gran diferenza externa foi a substitución das entradas do motor laterais por unha na parte inferior da fuselaxe. O ACA ía ser equipado cunha versión do motor RB199. Os gobernos italiano e alemán retiraron financiamento, e o Ministerio de Defensa británico acordou financiar o 50% do custo sendo a outra metade proporcionada pola industria. MBB e Aeritalia apuntáronse co obxectivo de producir dous avións. En maio de 1983 BAe anunciou un contrato co Ministerio de Defensa para desenvolver e fabricar un demostrador ACA, o Experimental Aircraft Programme.

En 1983 Italia, Alemaña, Francia, Reino Unido e España lanzaron o programa Future European Fighter Aircraft (FEFA). O avión sería capaz de engalaxes e aterraxes curtas (STOL) e tería capacidades máis aló do alcance de visión (BVR). En 1984 Francia reiterou o seu requirimento para unha versión capaz de operar dende un portaavións e demandou un papel líder. Italia, Alemaña e o Reino Unido optaron por non participar e estableceron un novo programa EFA. O 2 de agosto de 1985 estes tres países accederon en Turín a seguir adiante co Eurofighter, e confirmouse Francia e España elixiran non seguir como membros do proxecto. A pesar de presións de Francia, España uniuse ao programa Eurofighter a principios de setembro de 1985. Francia retirouse oficialmente do proxecto para seguir adiante co seu ACX, que se convertería no Dassault Rafale.

Cara 1986 o custo do programa chegara aos 180 millóns de libras. Cando o programa EAP comezara, supostamente o custo sería repartido a partes iguais entre o goberno e a industria, pero os gobernos italiano e alemán vacilaron e os tres principais socios industriais tiveron que investir 100 millóns de libras para manter o programa ata o final. En abril de 1986 o BAe EAP presentouse, nese momento tamén financiado parcialmente por MBB, BAe e Aeritalia. O avión voou por vez primeira o 6 de agosto dese ano. O Eurofighter ten un forte parecido co EAP. O traballo de deseño continuou durante os seguintes cinco anos usando datos do EAP. Os pedidos iniciais eran: 250 avións para Reino Unido, 250 para Alemaña, 165 para Italia e 100 para España. A porcentaxe do traballo de fabricación dividiuse entre os países en proporción ás súas compras proxectadas: DASA (33%), British Aerospace (33%), Aeritalia (21%) e Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) (13%).

En 1986 creouse a compañía baseada en Múnic Eurofighter Jagdflugzeug GmbH para xestionar o desenvolvemento do proxecto. Tamén se creou EuroJet Turbo GmbH, a alianza entre Rolls-Royce, MTU Aero Engines, FiatAvio (agora Avio) e ITP para desenvolver o motor EJ200. O avión pasou a ser coñecido como Eurofighter EFA a finais de dos 80, e foi bautizado EF 2000 en 1992.Spick 2000, p. 438

Cara 1990 a selección do radar do avión convertérase nun gran atranco. Reino Unido, Italia e España apoiaban a elección do ECR-90 de Ferranti Defence Systems, mentres que Alemaña prefería o MSD2000 baseado no APG-65 (unha colabración entre Hughes, AEG e GEC-Marconi). Chegouse a un acordo despois de que o secretario de defensa británico Tom King asegurara ao seu colega alemán Gerhard Stoltenberg que o goberno do Reino Unido aprobaría o proxecto e permitiría que a subsidiaria de GEC Marconi Electronic Systems mercaría Ferranti Defence Systems á súa compañía nai, o Ferranti Group, que estaba pasando por dificultades financeiras e legais. GEC polo tanto retirou o seu apoio polo MSD2000.

Atrasos As cargas financeira impostas a Alemaña pola reunificación causaron que Helmut Kohl realizara a promesa electoral de cancelar o Eurofighter. De principios a mediados de 1991 o ministro de defensa alemán Volker Rühe intentou retirar ao país do proxecto e usar a tecnoloxía do Eurofighter nun avións máis barato e lixeiro. Debido á cantidade de cartos xa gastados no desenvolvemento, o número de traballos que dependían do proxecto, e os compromisos vinculantes de cada goberno participante, Helmut Kohl foi incapaz de retirarse.

En 1995 apareceron preocupacións sobre a distriución do traballo. Dende a formación do Eurofighter a división do traballo acordárase nun 33/33/21/13% (Reino Unido/Alemaña/Italia/España), baseándose no número de unidades pedidas por cada nación, pero todos os países reduciron os seus pedidos. O Reino Unido pasou de 250 a 232 unidades, Alemaña de 250 a 140, Italia de 165 a 121, e España de 100 a 87. Segundo estas novas cifras a división de traballo debería ser 39/24/22/15, porén, Alemaña non estaba disposta a renunciar a esa gran cantidade de traballo. En xaneiro de 1996 despois de moitas negociacións entre Reino Unido e Alemaña chegouse a un compromiso polo cal os xermanos deberían mercar outros 40 avións. A división de traballo pasou a ser dun 43% para EADS MAS en Alemaña e España, un 37,5% para BAE Systems no Reino Unido, e un 19,5% para Alenia en Italia.

En 1996 o Reino Unido anunciou o financiamento para a fase de fabricación do proxecto. En novembro dese ano España confirmou os seus pedidos pero Alemaña atrasou a súa decisión. Despois de moita actividade diplomática entre Alemaña e o Reino Unido, chegouse a un acordo provisional de financiamento polo goberno alemán, que achegou en xullo de 1997 100 millóns de marcos (51 millóns de euros) para continuar coas probas de voo. Negociacións posteriores resultaron na aprobación de Alemaña para a compra do Eurofighter no mes de outubro.

Probas O primeiro voo do prototipo do Eurofighter tivo lugar en Bavaria o día 27 de marzo de 1994 a mans do piloto xefe de probas de DASA Peter Weger. O 9 de decembro de 2004 o Eurofighter Typhoon IPA4 iniciou tres meses de probas en contornas frías (CET) na base aérea de Vidsel en Suecia. O propósito das mesmas era verificar o comportamento operacional do avión e dos seus sistemas en temperaturas entre os 125 e os 31 °C. O voo de estrea do Instrumented Production Aircraft 7 (IPA7), o primeiro avión da segunda fase totalmente equipado, tivo lugar o 16 de xaneiro de 2008.

Adquisicións, produción e custos O primeiro contrato de fabricación foi asinado o 30 de xaneiro de 1998 entre Eurofighter GmbH, Eurojet e NETMA. As adquisicións totais eran as seguintes: Reino Unido 232, Alemaña 180, Italia 121 e España 87. A fabricación foi asignada de acordo aos pedidos: British Aerospace 37.42%, DASA 29.03%, Aeritalia 19.52% e CASA 14.03%.

O 2 de setembro de 1998 celebrouse unha cerimonia para bautizar o avión en Farnborough, Reino Unido. Nela adoptouse formalmente o nome de Typhoon (tifón), inicialmente só para os exemplares de exportación. O nome continua a temática iniciada polo Panavia Tornado. Alemaña resistíuse a ese nome, talvez debido a que o Hawker Typhoon foi cun cazabombardeiro usado pola RAF durante a segunda guerra mundial para atacar obxectivos alemáns. O nome "Spitfire II" (polo famoso caza británico Supermarine Spitfire) tamén foi considerado e rexeitado por esa razón nas primeiras etapas do programa. En setembro de 1998 asináronse os contratos para a fabricación de 148 aparellos da fase 1 e de adquisición a longo prazo de avións da fase 2. En marzo de 2008 entregouse o derradeiro avión da fase 1 á Forza Aérea de Alemaña, sendo as seguintes entregas da fase 2. O 21 de outubro dese ano entregáronse os primeiros 2 avións dos 91 da fase 2 á RAF, pedidos catro anos antes. miniatura|250px|Eurofighter alemán