Manuel Lezón Fernández, nado en Celanova en 1854 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1934El Pueblo Gallego, 17-6-1934 , p. 1., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi rexistrador da propiedade en Celanova, Alzira e Barcelona. Precursor da campaña redencionista, presentouse a ás Cortes polo distrito do Carballiño en 1905. Publicou en El Miño varios artigos sobre a cuestión foral. Foi Xefe honorario da Administración Civil e Catedrático Especial de Dereito Hipotecario da Universidade de Valencia. Na Segunda República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e presentouse ás eleccións de novembro de 1933 como independente pola provincia de Ourense, pero non resultou elixido. Colaborou en revistas especializadas.

Obras miniatura|275px|Homenaxe en Celanova, 1932. miniatura|150px|Manuel Lezón, 1909. El derecho consuetudinario en Galicia, 1903.

Augusto Comas, como legislador, catedrático y jurisconsulto, 1903.

Derecho Inmobiliario (en colaboración con F. B.)

El regionalismo, 1918. El problema social agrario en Galicia y la redención de foros, 1922.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Personajes ilustres

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega