miniatura|250px|Recreación da batalla de Elviña. 15 de abril de 2012. miniatura|250px|A ponte medieval do Burgo, inutilizada polo exército de Moore, e reconstruída no final do século XX. miniatura|John Moore. Retrato por Thomas Lawrence. National Portrait Gallery, Londres. miniatura|250px|Tumba de sir John Moore. Xardín de San Carlos. miniatura|Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, chamado O león de Sampaio. Retrato por Horace Vernet (1789–1863).
A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama "guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.
O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxalmente espallados pola elite dos "afrancesados".
O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os plans de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar a Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.
Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou no Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estendeu por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais e decidiu a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.
A gloria que foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro sirva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade os inimitábeis galegos!.El libro «Victorias de Galicia» reivindica el ejemplo de los gallegos al expulsar a Napoleón Diario La Voz de Galicia, 21/11/2013. Consultada o 19/02/2014.
Pola súa parte para o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu as forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleiros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famosos desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos; o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e expulsa os franceses da súa terra en seis meses, nunha guerra que durou seis anos.
Antecedentes
A comezos do século XIX en Galicia, como no resto da Península Ibérica, o poder político, é dicir, o control inmediato dos órganos de decisión política, estaba nas mans das dúas clases que tiñan o poder económico e social: a nobreza e o alto clero. Consolidárase, aparentemente, un equilibrio social formado por dous grandes bloques: o das elites ou perceptores de rendas e dereitos (nobreza e alto clero) e o dos produtores. Unha fina tea separaba aos campesiños ricos dos fidalgos, que formaban o primeiro chanzo da escala nobiliaria. Algúns (poucos) dos primeiros, valéndose de medios legais (comprando a cédula de fidalguía, gañándoa por servizos prestados nas guerras etc.) ou ilegais (prescrición dun suposto título, falsificación de árbores xenealóxicas etc.) conseguían traspasar a fronteira legal instalándose na clase superior. Así mesmo algúns burgueses, chegados de fóra de Galicia no século XVIII, procuraron demostrar a súa fidalguía e, deste xeito, acomodarse socialmente no bloque superior. Mentres isto funcionou, o sistema mantívose, e o equilibrio social parecía consolidado. Pero todo isto quedaría ameazado a partir de 1808. O equilibrio, aparentemente ben consolidado, rompeu.Barreiro (1982), pp. 15-16.
Crise política
O pensamento ilustrado en Galicia
miniatura|Frei Martín Sarmiento.
Os ilustrados galegos fixeran unha análise suficientemente correcta das causas que impedían o desenvolvemento económico e social de Galicia paralelo ao que estaban experimentando outros países. Ao lado desta análise presentaban, polo xeral, unhas solucións que, en principio, non cuestionaban a estrutura económico-social do país; así, estimaban que o clero e a nobreza deberían seguir sendo as clases que o vertebrasen socialmente, e non poñían en xuízo, en xeral, o sistema de Señorío, nin o foro como fórmula de ocupación da terra.
Aínda que había un sector máis crítico que, nas súas propostas, se aproximaba a unha solución revolucionaria, polo xeral é preciso dicir que o pensamento ilustrado galego, que contaba nas súas filas con intelectuais como Sarmiento, Lucas Labrada, Luís Marcelino Pereira,José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España, I, p. 301 Juan Francisco de Castro,Juan Francisco de Castro Fernández 1721-1790 BiografíaDopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto: "Juan Francisco Castro, un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal", Grial, tomo 14, nº 53, xullo-setembro 1976, pp. 356-360. Cornide e o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde,Meijide Pardo, Antonio: "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático, fundador de la Biblioteca del Real Consulado". Anuario Brigantino, 2002, nº 25, pp.261-274. entre outros, unicamente procuraba eliminar os atrancos que dificultaban que se cumprisen as leis económicas, como os excesivos impostos, as trabas á circulación de mercadorías etc., pero sen ofreceren un programa total de solucións que apunten a un novo equilibrio de poderes.
Os liberais galegos miniatura|5 de maio de 1789, inauguración dos Estados Xerais en Versalles. miniatura|Toma da Bastilla, cadro de Jean-Pierre Houel (1735-1813). miniatura|Patente de Lois XVI na que se promulgou a Declaración dos dereitos do home e o cidadán.
No período que vai de 1789, ano no que suceden importantes acontecementos para a historia: En Nova York, o Congreso da Confederación, na súa décima reunión, declara a Constitución dos Estados Unidos de América (4 de marzo). George Washington inicia o seu mandato como primeiro presidente dos Estados Unidos (30 de abril). En Versalles (Francia) reúnense os Estados Xerais (5 de maio). Toma da Bastilla, símbolo da Revolución francesa (14 de xullo). Abolición do feudalismo en Francia (8 de agosto). A Asemblea Constituínte de Francia aproba a Declaración dos dereitos do home e do cidadán (26 de agosto). Unha multitude de cidadáns marchan de París até Versalles para protestar ante o rei Lois XVI pola falta de alimentos (5 de outubro).
En 1808 (comezo de guerra da Independencia española) formáronse en Galicia diversos grupos de intelectuais que estaban xa moi afastados das propostas moderadas dos ilustrados e que apuntaban cara a solucións radicais. Ao país, pensaban, non había que reformalo, senón cambialo. Eran os liberais, que se mantiveran un pouco na sombra até 1808 en que a convulsión sufrida por España coa invasión francesa e a aparición da liberdade de prensa lles permitiu presentarse e facer campaña das súas ideas.
A aparición desta xeración de intelectuais e políticos liberais non foi, evidentemente, casual; tivo que ver cos progresos experimentados pola economía europea no último terzo do século XVIII. Unha sociedade que se preocupa das ideas de liberdade, igualdade e democracia revela que ten resolvidos, polo menos en determinadas capas sociais, os problemas económicos máis urxentes.
En Galicia albíscanse unha serie de datos que indican que se estaba a experimentar certa reactivación económica no final do século. Os indicadores máis destacados eran os seguintes:
Xeneralización do cultivo do millo, o que permitiu un incremento da actividade gandeira e unha elevación da dieta alimentaria que -como consecuencia inmediata- supuxo un aumento da poboación.
Xeneralización do cultivo da pataca, até o punto de que Lucas Labrada puido escribir que, en 1804, as patacas producíanse en todas as comarcas de Galicia.Labrada, José Lucas (1804): Descripción económica del Reyno de Galicia. Ferrol: Impr. de Lorenzo José Riesgo Montero, p. 27. . Reeditado en 1971 pola Editorial Galaxia, Vigo.
Asociación de novos cultivos, como o dos feixóns (ou fabas) co millo, sen cansazo excesivo da terra.Constatación empírica da súa asociación simbiótica con "rizobios" (bacterias fixadoras de nitróxeno, da familia das rizobiáceas), que forman nódulos nas raíces destas plantas.
Aumento da superficie cultivada nunhas 200 000 Ha.Meijide Pardo, Antonio M. (1960): La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII. Madrid: Instituto Balmes de Sociología, p. 19.
Crecemento espectacular dos rendementos agrícolas até o punto de que, nalgunhas comarcas de clima privilexiado, como o Salnés, alcanzaríanse no final do século XVIII cotas de produción non igualadas en todo o século XIX.Pérez García, José Manuel (1979): Un modelo de sociedad rural del Antiguo Régimen en la Galica costera: la Península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada). Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Moderna.
Conxuntura favorábel dos prezos, que beneficiaría non só as clases rendeiras, mais tamén o campesiñado posuidor de terras, grazas á introdución dos novos cultivos, a extensión do campo cultivado e o incremento da produción gandeira.
Resposta favorábel da poboación, xa que este proceso de crecemento económico foi posíbel tamén, en boa parte, grazas á acumulación do esforzo.Barreiro (1982), pp.29-30.
O levantamento en Galicia