Tomas Folke Jonas Ledin, nado en Östersund o 25 de febreiro de 1952, é un cantante, compositor, guitarrista e produtor musical sueco .
Traxectoria Ledin criouse en Rätan, Hölö e Sandviken, o seu pai era mestre de preescolar. Estivo nos Estados Unidos como alumno de intercambio e á volta á Suecia rexeitou realizar o servizo militar, influído pola reacción á Guerra de Vietnam do movemento pacifista norteamericano e as letras de Bod DylanEntrevista a Tomas Ledin en Svenska Dagbladet, 11 de xuño de 2006 e obtivo a exención. Ledin comezou a súa carreira musical en 1972 co seu primeiro sinxelo, "Då ska jag spela", que se converteu nun grande éxito, seguíndolle outras cancións populares como "Blå, blå känslor" (1973), "Knivhuggarrock" (1975), "Festen har börjat" (1976) e "I natt är jag din" (1977). Participación na montaxe sueca do musicalGospell en 1975. En 1979 Benny Andersson de ABBA ofreceulle gravar para a compañía do grupo, Polar Music, uníndose ao grupo na súa xira 1979-1980 como corista, pero tamén puido cantar unha composición propia, "Not Bad at All". Tomas Ledin apareceu tamén no DVD ABBA Live e no vídeo Super Trouper. miniatura|Tomas Ledin en 1980 como representante sueco en Eurovisión
En 1980 gañou o Melodifestivalen que determinaba o representante sueco no Festival de Eurovisión dese ano coa canción "Just nu!", logrando o décimo posto, pero a canción chegou ao número un da lista suecaPlacering på den svenska singellistan e na súa versión en inglés "Right Now!" foi tamén un éxito en Grecia e Portugal.
En 1982 gravou con Agnetha Fältskog de ABBA a canción "Never Again" que foi popular en Europa, realizando tamén unha versión en castelán, "Ya nunca más" que foi número un en Chile. Ledin compuxo "Take Good Care of Your Children" que Fältskog gravou en 1983 para o álbum Wrap Your Arms Around Mee "I Got Something" para Anni-Frid Lyngstad de ABBA que incluíu no álbum Something's Going On (1982). miniatura|Tomas Ledin actuando no Festival de Eurovisión Na década de 1980 consolidada a súa fama en Escandinavia, realizou xiras por Alemaña e os Países Baixos en 1982 e en 1983 actuou diante 60.000 persoas en Berlín xunto con outros cantates internacionais, pero non logrou acadar a mesma fama no resto de Europa. En 1984 puxo fin á súa carreira musical e comezou a traballar como produtor da compañía discográfica da súa dona, Record Station, producindo artitas con éxito como Pugh Rogefeldt e Magnus Uggla. En 1985 organizou en Gotemburgo con Mikael Wiehe e Tommy Rander un concerto para o Congreso Nacional Africano con varios artitas suecos.
En 1988 Tomas Ledin volveu compoñer de novo, escribindo cancións en inglés. Lanzou o álbum Down on the Pleasure Avenue que non logrou éxito ningún e Ledin volveu ao sueco logrando en 1990 un novo éxito co álbum Tillfälligheternas spel, converténdose desde aquela un dos artitas con máis vendas en Suecia. En 1991 organizou o Rocktåget, unha xira na que participan artitas suecos de rock e pop por todo o país e que desde entón segue a se celebrar.
En 2000 vendeu 260.000 discos en Suecia do seu álbum Festen har börjat (samlingsalbum), o que significaron tres discos de platino, logrando tamén por vez primeira un disco de ouro en Finlandia. No ano 2002 realizou unha gran xira por Escandivavia con 27 concertos en Suecia e 8 nos outros países, ao que acudiron unhas 250.000 persoas.
Discografía
Álbums de estudio 1972 – Restless Mind 1973 – Hjärtats rytm 1975 – Knivhuggarrock 1976 – Natten är ung 1977 – Tomas Ledin] 1978 – Fasten Seatbelts 1979 – Ut på sta'n 1980 – Lookin' for a Good Time 1982 – Gränslös 1982 – The Human Touch 1983 – Captured 1988 – Down on the Pleasure Avenue 1990 – Tillfälligheternas spel 1993 – Du kan lita på mig 1996 – T 2000 – Djävulen & ängeln 2002 – Hela vägen 2004 – Med vidöppna fönster 2006 – Plektrum 2009 – 500 dagar om året 2012 – Restless Mind (bonusversion) 2013 – Höga kusten
Álbums en directo 1978 – Tagen på bar gärning 1985 – En galen kväll 2003 – I sommarnattens ljus 2006 – Ledin Live 2006
Álbums recompilatorios 1977 – 71–73 1980 – Korten på bordet 1990 – Ett samlingsalbum 1997 – Sånger att älska till 2000 – Vuodet 1972–2000 2001 – Festen har börjat 2012 – 40/40
EP 2011 - Tolkningarna
Sinxelos 1972 – Då ska jag spela 1972 – Lay Me Your Body Down 1977 – Minns du Hollywood 1979 – Det ligger i luften 1979 – Vi ska gömma oss i varandra 1979 – Not Bad at All 1980 – Just nu! 1980 – Open Up! 1981 – Sensuella Isabella 1982 – Kärleken är som en studsande boll 1982 – Sommaren är kort 1982 – Never Again 1983 – What Are You Doing Tonight? 1983 – Det finns inget finare än kärleken 1984 – Don't Touch That Dial 1984 – Everybody Wants to Hear It 1985 – Svenska flickor 1988 – Who's That Lucky Guy 1988 – The Only One 1988 – Crazy About You 1990 – En samlingsmix 1990 – En del av mitt hjärta 1990 – Hon gör allt för att göra mig lycklig 1990 – Här kommer den nya tiden 1991 – Snart tystnar musiken 1991 – En dag på stranden 1993 – Släpp hästarna fria 1993 – Du kan lita på mig 1993 – En vind av längtan 1993 – Nyckeln till dej 1996 – Lika hopplöst förälskad 1996 – Varje steg för oss närmare varann 2000 – Hopp (om en ljusare värld) 2002 – En lång väg tillsammans 2002 – Helt galen i dig 2003 – En man som älskar 2004 – Vem kunde ana 2006 – Gilla läget 2006 – Vi är på gång – VM 2006 2009 – Håll ut 2009 – 500 dagar om året 2012 – Too Many Days 2012 – As One 2013 - Hammarn unner bönninga
DVD 2003 – Ledin: Just då! (DVD)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Arquivo con vídeos de Tomas Ledin na SVT (non se poden visualizar en tódolos países) Vídeo da canción En del av mitt hjärta en Youtube
Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Compositores de Suecia Categoría:Guitarristas de Suecia Categoría:Produtores musicais Categoría:Representantes de Suecia en Eurovisión Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados no condado de Jämtland