José Ricardo Eiroa Mosquera, nado en Ferrol cara a 1907 e finado no mesmo concello o 9 de novembro de 1937, foi un político e xornalista galego. Traxectoria Empregado da Constructora Naval. Foi presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Ferrol. Foi redactor xefe da revista Maruxa, colaborou en El Pueblo Gallego e dirixiu o semanario Renovación. Foi secretario de Unión Republicana de Ferrol e asistiu ao Congreso do partido celebrado en Madrid en outubro de 1935.La Libertad, 5-10-1935, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa do seu sogro. Descuberto en marzo de 1937, foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión militar con Alfonso de Cal Fernández, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Ferrol no Arsenal o 9 de novembro de 1937.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos