miniatura|150px|Mariscal Lannes. A batalla de Tudela foi un enfrontamento bélico da guerra da Independencia española disputado nos arredores da cidade de Tudela o 23 de novembro de 1808. O resultado do combate foi a completa vitoria francesa, cuxo exército estaba ao mando do mariscal Lannes, sobre as tropas españolas, comandadas polo xeneral Castaños.

Cerca de 33.000 soldados e milicianos españois intentaron cercar aos 30.000 franceses de Lannes, pero foron severamente derrotados. As baixas españolas calcúlanse en torno aos 4000 mortos e 3000 prisioneiros, mentres que por parte francesa non chegaron a 600 os mortos e outros tantos feridos.

Esta foi unha das batallas cuxo nome foi gravado no Arco do Triunfo de París (a carón do da batalla de Elviña, que alí figura como de La Corogne).

Contendentes

Bando francés

Comandantes franceses Jean Lannes, Duque de Montebello (1769–1809), Mariscal de Francia en 1804 François Joseph Lefebvre Michel Ney, Duque de Elchingen, Príncipe de Moscova (1769–1815), Mariscal de Francia en 1804. En realidade, mantívose á marxe, esperando ordes para participar.

Unidades do exército

Divisións de infantaría: Lagrange Lexións do Vístula Maurice Mathieu Morlot Grandjean E os 14º, 27º, 44º, 50º, 114º, 115º, 116º e 117º Rexementos de liña Cabalaría formada por: Lanceiros polacos 1º Rexemento Provisional e 3º Escuadrón de marcha de Coiraceiros Húsares provisionais Dragóns Cabalaría lixeira do xeneral Colbert

Bando español miniatura|150px|Xeneral Castaños

Comandantes españois Francisco Javier Castaños José de Palafox y Melci (reserva) Mariscal Juan O'Neylle Pedro Agustín Girón Mariscal Lapeña General Grimarest

Unidades do exército Batallóns Caro e Pinohermoso División Roca 4ª división do mariscal Lapeña 5ª división do xeneral Castaños 3 divisións ao mando do xeneral Grimarest División do mariscal de campo elipe Saint-MarcqEl regimiento de voluntarios de Segorbe (1808–1809) Rexemento Sicilia nº 67Historial del Regimiento Sicilia nº 67 Rexemento Saboya

O campo de batalla miniatura|450px|Esquema das posicións españolas — Santa Bárbara: División Lapeña

Foi a zona comprendida entre Tudela e os montes próximos que se encontran ao seu poñente, a fronte española sería: cerro de Santa Bárbara, Tudela, Torre Monreal, Santa Quiteria, Cabezo Maya, cerro onde se encontraba a ermida de San Juan de Calchetas, e as poboacións de Urzante (desaparecida), Murchante e Cascante. E como foxa natural entre os franceses e os españois estaba o río Queiles, afluente do Ebro.

Os franceses avanzaron desde os montes que se encontraban enfronte das liñas españolas, os Montes de Cierzo, cara ás tropas españolas (estas estaban parapetadas), non foi unha batalla a campo descuberto.

Desenvolvemento da batalla

Preliminares: desavinzas entre os xenerais españois Aos franceses quedáballe por aniquilar o flanco dereito do exército español, o exército de Castaños, que chamaban do centro e que, unido ao de reserva de Palafox ocupaban Calahorra e a ribeira dereita do Ebro, até preto de Lodosa e a liña do Arga na confluencia do río Aragón, fronte a Falces, Peralta e Milagro, onde estaban situadas as forzas de Moncey, respectivamente.

Napoleón ordena o 18 de novembro a Jean Lannes que avance cara a Tudela. Cando chega a Logroño, ordena a Moncey que atravese o Ebro por Lodosa para xuntarse con el e unir as forzas. Unha vez en Lodosa, organiza as forzas das que dispón.

miniatura|200px|Palafox, pintado por Goya (Museo do Prado).

Mentres o inimigo organizaba a súa ofensiva rápida e cautelosamente, os exércitos españois do Ebro encontrábanse nas peores condicións para lograr a vitoria. Nin pola súa calidade, nin pola súa forza poden competir coas aguerridas e numerosas tropas do inimigo,Conde de Toreno, Guerra de la Independencia. La derrota de Napoleón. Círculo de Amigos de la Historia. Madrid, 1974. Tres tomos. 285+267+285 pp. +24 láms.

Isto en canto ás tropas, pero polo que respecta aos xefes, entre Castaños e Palafox había grandes desavinzas: non lograban poñerse de acordo nas operacións. Palafox, orgulloso pola súa defensa de Zaragoza, cría que valía tanto ou máis que o seu compañeiro.

Castaños reclamara o mando único á Xunta Suprema Central que esta tarda en outorgarlle. Cre que a fronte que pensou entre as abas do Moncayo e o río Ebro, uns 50 km, podería parar o avance do exército francés pero, en lugar dos 80.000 homes prometidos, só contaba con 26.000 soldados.

Juan O'Neylle tiña o resto das forzas españolas, pero estas encontrábanse en Caparroso e Villafranca. Castaños mandou un emisario cunha carta para O'Neylle pedíndolle que vaia cos seus homes a Tudela o antes posíbel, xa que os franceses están en marcha e chegarán dun momento a outro. O emisario chega a Caparroso ás 5 da tarde do 21 de novembro. O'Neylle le a carta e lle responde a Castaños:

Comprendo ben o crítico da situación, pero o meu xefe natural é Palafox e este ordenoume que mantivera esta posición; porén, estou disposto a marchar cara a Tudela cos meus 20.000 homes, pero será mañá, xa que xa anoiteceu. Agora mesmo mando un despacho a Palafox para que me diga a que ordes debo terme.

O 22 de novembro a distribución das forzas españolas era: En Tarazona estaba Grimarest ao mando de tres divisións de 13.000 a 14.000 soldados en total, coa súa vangarda destacada na rota de Ágreda, por onde se supoñía que viría o inimigo. En Cascante encontrábase a 4ª división do xeneral Lapeña con 8000 homes, andaluces na súa maioría, que participaran na batalla de Bailén. En Ablitas establecera o seu cuartel xeneral Castaños, que pensa cubrir o espazo desde Cascante ao Ebro coa súa 5ª división e cos reforzos do mariscal O'Neylle e de Felipe Augusto de Saint-Marcq, cuxa chegada espera con nerviosismo.

miniatura|esquerda|150px|Cuartel xeneral de Castaños, no palacio do Marqués de San Adrián.

Aquela mesma tarde, as unidades de Aragón comezaron a concentrarse no termo chamado Traslapuente (ao outro lado do Ebro de onde se situaba o exército de Castaños), pero non cruzaran a ponte, acampando alí mesmo, pois tiñan ordes de non cruzar até que Palafox non llo ordenara. Isto encolerizou a Castaños, xa que os franceses estaban a punto de chegar e os reforzos non estaban no seu posto de combate.

Palafox, constrinxido, cala, pero non outorga. Castaños ante esta actitude que poñía en perigo a defensa e a vida de miles de homes, convoca un consello de guerra en Tudela, no palacio do marqués de San Adrián, onde se reuniron Palafox (que chegara o día anterior de Zaragoza), o seu irmán Francisco Palafox, o xeneral Coupigny e un observador inglés, Sir Thomas Graham.

Houbo de todo menos consenso:

Naquela noite fatal, dixo un historiador, houbo xuntas, choques, e todo menos unha providencia capaz de salvar os exércitos.

Palafox opoñíase ao establecemento da liña do Queiles, baseándose en que non dispoñían dos suficientes homes para resistir ao inimigo. O mellor, segundo el, era retirarse a Zaragoza e defender Aragón. Castaños, enfurecido, exclamou: España, hai que defender a España! Temos que estar unidos ante o inimigo. Contra a media noite reciben os primeiros avisos de que os franceses tomaran xa Corella e Cintruénigo. A noticia cae como unha bomba entre os reunidos, e de contado apareceu o medo por toda a cidade.

Que O'Neylle pase xa o Ebro inmediatamente, o inimigo vén cara a nós!, clama Castaños. Palafox, testán, aférrase á súa idea. Entón Castaños chamouno covarde, empezaron os reproches, un e outro se apostrofaban cos epítetos máis crus. Ao final, Palafox, con gran dor na súa autoestima, cede e ordena que pasasen o Ebro as súas forzas, pero quedou escrita a opinión de cada un.Planell culpa do ocorrido neste consello de guerra a Francisco Palafox (o irmán do xeneral), representante da Xunta Suprema, que debeu poñer de acordo aos disidentes ou facer valer a súa autoridade para lograr a defensa.

23 de novembro, a batalla Chegan os franceses miniatura|500px|Plano do desenvolvemento da batalla.Cos primeiros raios de luz comenzan a cruzar a ponte sobre o Ebro as forzas do exército de reserva, aragoneses os máis deles, con algúns voluntarios navarros. A súa roupa encoirada e equipados á vaiche boa, con máis ardor que disciplina e máis aspecto de pobo en armas que de exército regular, dixo unha testemuña. Pero xa unhas semanas antes o coronel dun dos rexementos queixábase de que a súa xente só tiña camisa e calzóns, e de que os fusís eran inservíbeis.

Ao atravesaren as tropas Tudela aínda de noite, e ao seren as rúas do casco antigo moi estreitas, o paso foi unha ardua tarefa, armándose un gran balbordo, obstruíndo as calellas. Pola tardanza en atravesar a cidade, os soldados tardaron en ocupar as posicións que lles foran asignados, é dicir, entre Santa Quiteria e Cabezo Maya, polo que unha grande extensión de terreo estaba sen protexer.

Mentres o mariscal francés Lannes, que non perdía o tempo, achegábase ás inmediacións da cidade, desde os montes do Cierzo, co sol despuntando xa. Lannes estrañouse de que non houbera ningún tipo de vixilancia e de que o inimigo non aparecera por ningures.

Un informe español da época dicía: 'En Tudela non había un corpo avanzado, nin un só sentinela Ao que engade o historiador José Muñoz Maldonado: Sabíase con certeza a aproximación do inimigo e non se tomou ningunha providencia, nin para dar nin para evitar a batalla.José Muñoz Maldonado, Historia política y militar de la guerra de la independencia — Tomo 2, Madrid, 1833.

Mentres o reforzo terminaba de cruzar a ponte e se arranxaba algo o "tráfico" das tropas, carruaxes, canóns e cabalaría polas rúas da cidade, escoitáronse os primeiros estrondos de fusilaría e canonazos por parte do exército francés. Isto puxo fin á disputa de Castaños e Palafox. Ás présas foi preciso adoptar disposicións defensivas.Eran as 7 da mañá, di unha testemuña, cando os primeiros franceses aparecían donos do castelo (monte de Santa Bárbara, un cabezo que está sobre a cidade). Segundo Yanguas (historiador daquela época), foi ás 8 cando se tivo na cidade o primeiro aviso da proximidade dos franceses e dos preparativos da loita.

Primeiras accións Segundo comentou o xeneral Castaños no seu informe:

Grazas a que as calellas estaban cheas de soldados españois, os franceses aínda tardaron en entrar na cidade. Segundo unha testemuña: O exército de reserva empezou a acción dentro da cidade. Os levantinos da división Roca acometeron bravamente á baioneta, e conseguiron desaloxar ás patrullas inimigas do cume de Santa Bárbara.

Unha vez donos do cabezo que domina Tudela, os batallóns Caro e Pinohermoso despregáronse polas abas do mesmo, tomando posicións nos outeiros próximos, fronte á meseta denominada Puntal del Cristo, onde xa para entón se descubría o groso das forzas francesas de Maurice-Mathieu.

Os voluntarios da división de Saint-March dispoñíanse a ocupar as alturas da vega do río Queiles (Monte San Julián e cabezo de Santa Quiteria). O'Neylle, coa maior parte das tropas aragonesas trataba de organizarse ás costas da cidade, sobre a estrada a Zaragoza, en espera das ordes do xeneral Castaños en quen todos os xenerais resignaron o mando neste momento supremo.

Entre as oito e as nove sucedéronse en Tudela a sorpresa e a reacción. Ao frustrado golpe do inimigo seguiu unha tregua de relativa calma. Pero ao cabo desta tregua foi cando o mariscal galo concibiu o plan de batalla, en vista das súas observacións sobre o campo español, e en vista, sobre todo, da gran cantidade de fallos destes, que foron moitos e non pequenos.

Lannes entra en acción