Softengine é unha banda de rock adolescente formada en Seinäjoki en Finlandia, que conseguiu representar a Finlandia no Festival de Eurovisión 2014http://www.eurovision.tv/page/history/year/participant-profile/?song=31453 coa canción "Something Better"https://itunes.apple.com/fi/album/something-better-single/id839085651.

Carreira musical

2011-2013: Formación e inicios A banda formouse na cidade finlandesa de Seinäjoki, no verán de 2011, na casa dos avós do cantante, compositor e guitarrista Topi Latukka. Chegaron ao seu cúmio no verán do 2013, despois de escribir multitude de cancións, practicando, dando concertos e tras o éxito recollido pola banda nalgunhas competicións.

2013-2014: Festival da Canción de Eurovisión O 10 de decembro de 2013, anunciouse que Softengine sería un dos participantes de Uuden Musiikin Kilpailu, a preselección finlandesa para Eurovisión. O 11 de xaneiro de 2014 presentaron a súa canción coa cal pretendían representar ao país titulada 'Something better', cousa que conseguiron o 1 de febreiro de 2014, impoñendose ao resto de competidores. Presentaron o vídeo miniatura|309x309px|Softengine actuando no Festival de Eurovisión 2014 coa versión definitiva da canción o 21 de marzo de 2014https://www.youtube.com/watch?v=a-NSVFBKU-4.

Durante o sorteo das semifinais tocoulle actuar na segunda destas, na 8ª posición, acadando nesta a terceira posición cun total de 97 puntos e clasificándose así para a gran final do concurso o 10 de maio. Nesta última actuou na posición número 18, e quedou na clasificación final na posición número 11, cun total de 72 puntos. Actualmente están traballando no seu primeiro álbum.

Discografía Sinxelos Ano Título Posición Álbum FIN 2014 "Something Better" — We Created the World 2014 "Yellow House" — We Created the World 2014 "The Sirens" — We Created the World 2014 "What If I?" — We Created the World 2015 "All About You & I" — From Earth, From Ashes, From Dust 2015 "Big Fat Bass Drums" — From Earth, From Ashes, From Dust 2016 "Grateful" — From Earth, From Ashes, From Dust 2016 "Grateful" — From Earth, From Ashes, From Dust 2016 "Free Rider" — Sinxelo sen álbum 2016 "She Is My Messiah" — Sinxelo sen álbum

Álbums We Created the World

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Finlandia Categoría:Grupos musicais formados en 2011