Samuel Frederick Smith, nado en Bishop’s Stortford o 19 de maio de 1992, é un cantante e compositor inglés. En 2014 acadou o Premio da Crítica dos Brit Awards e o Sound of 2014 da BBC.
Traxectoria Sam creceu en Primrose Hill, Londres, e traballou na tenda local de St. Johns Wood. Asistiu á escola de primaria St. Thomas e estudou na escola católica St. Mary de Bishops Stortford. Foi alumno do Youth Music Theatre do Reino Unido e protagonizou a súa obra "Oh! Carol" en 2007. Durante varios anos estudou canto e composición coa cantante e pianista de jazz Joanna Eden.
Gañou popularidade mediante as súas colaboracións con Disclosure no sinxelo "Latch" lanzado en outubro de 2012, e con Naughty Boy en "La La La", que chegou ao número un no Reino Unido en maio de 2013.
Tamén en maio, lanzou un EP chamado Nirvana que consta de catro pistas, cuxa produción correspondeu a Two Inch Punch, Craze & Hoax e Jonathan Creek. Tamén inclúe unha versión acústica en solitario de "Latch" e unha versión en vivo de "He Told You Now". En novembro de 2013 publicouse "Together", unha coprodución entre Disclosure, Nile Rodgers e Jimmy Napes onde Smith achegou a súa voz.
En maio de lanzouse o álbum de debut In the Lonely Hour a través de Capitol RecordsiTunes - Music - In the Lonely Hour (Deluxe Edition) by Sam SmithiTunes - Music - In the Lonely Hour by Sam Smithhttps://www.discogs.com/Sam-Smith-In-The-Lonely-Hour/master/691657, no que participan como produtores Fraser T. Smith, Two Inch Punch, Simon Aldred e Eg White.Sam Smith: All you need to know about the BBC's Sound of 2014 - Music News - Digital Spy Un dos adiantos é o sinxelo "Money on My Mind", o seu primeiro número un no Reino Unido en solitario.
Discografía Álbums En estudio 2014: In the Lonely Hour [Capitol Records]
EP 2013: Nirvana [PMR Records]
Sinxelos Como artista principal Ano Título Mellores posicións ÁlbumR.U.ALEAUTBELDINIRLHOL SUI 2013 «Lay Me Down» 46 — — — — — — — In the Lonely Hour 2014 «Money on My Mind» 1 13 53 20 20 4 93 63
Colaboracións con outros artistas Ano Título Mellores posicións Certificacións ÁlbumR.U.ALEAUSAUTBELDINFRAHOLIRLITASUI 2012 «Latch»(Disclosure con Sam Smith) 11 — 49 — 22 39 132 80 — — — R.U.: Ouro Settle 2013 «La La La»(Naughty Boy con Sam Smith) 1 2 5 3 3 2 6 4 3 1 2 R.U: Platino AUS: 2× Platino ALE: Platino DIN: 2× Platino ITA: Platino NZ: Platino Hotel Cabana «Together»(Disclosure, Sam Smith, Nile Rodgers e Jimmy Napes) 135 — — — 78 — — — — — — Settle: The Remixes
Notas
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1992 Categoría:Persoas non binarias