Carlos González Sháněl, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 11 de xuño de 1973, é un periodista chileno de orixe checaCarlos González Sháněl forum2000.cz, correspondente da cadea de televisión mexicana Televisa na República Checa. É ademais fundador da consultora de comunicacións estratéxicas Mentora s.r.o., con sede en Praga. No campo da docencia é profesor da cátedra de Ciencias Políticas da Universidade de Hradec Králové, en materias relacionadas con América Latina.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia checo-chilena. É comunicador audiovisual da Universidade UNIACC en Santiago de Chile, con grao e maxistratura en Comunicación e Mercadotecnia desa mesma institución. Tamén é diplomado en Economía Social de Mercado pola Universidade Miguel de Cervantes, grazas a unha bolsa da Fundación Konrad Adenauer.

Pouco tempo despois de termina-los seus estudos en 1997, radicouse en Europa, primeiro en Bruxelas e logo trasladouse a Praga.. Desde entón, cun intervalo de tres anos na cidade de Cracovia (Polonia) viviu e traballou en Praga, onde exerceu como correspondente, reporteiro e analista internacional.Análisis sobre la sociedad civil en Cuba forum2000.czAnálisis sobre el proceso electoral venezolano forum2000.cz.

Foi correspondente do servizo exterior da radio holandesa (Radio Nederland Wereldomroep) para a cobertura de actualidade na República Checa, en Eslovaquia e en Polonia, e foi redactor e presentador do servizo exterior da radiodifusión checa (Radio Praga)Recuerdos de la RadioEspecial de Noche Vieja en Radio Praga. Os seus comentarios apareceron en medios radiofónicos e televisivos (BBC, Česká televizeEntrevista para la televisora CT 24) así como en diarios centroeuropeosMinisterio de Relaciones Exteriores de la República Checa cita análisis de Carlos González en la prensa checaHospodarske noviny "Chávez: Un narciso poseído por el poder" e latinoamericanos.

González participou tamén na televisión. En 1998 traballou brevemente como asistente do correspondente da televisión mexicana Televisa en Bruxelas, José Luis Arévalo, para a elaboración de noticiarios. En 2003 codirixiu o documental La Primavera de CubaLa Primavera de Cuba, un documental sobre la violación de los derechos humanos (28 min.), exhibido en festivais e televisións de máis de 20 países de Europa e América Latina, e nos Estados Unidos. En 2013 volveu a incorporarse a Televisa, esta vez como correspondente na República Checa. Tamén conduce o programa Cestoskop da canle rexional Regionální Televize.

Publicacións

Xunto ó analista e académico chileno Luis A. Doñas escribiu en 2010 o libro Juegos de Guerra en el Pacífico: sobre un improbable conflicto armado entre Chile e Perú, cuxo prólogo foi escrito polo ex-ministro do Interior e anterior senador checo, Jan Ruml.Los juegos de guerra de Chile y Perú, analizados en Praga - Český rozhlas

Notas

Categoría:Xornalistas de Chile Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1973