Judith Olivia Dench, nada en York, North Yorkshire, o 9 de decembro de 1934, é unha actriz inglesa de teatro, cinema e televisión.
Traxectoria Nada en York, filla dun médico, foi criada en Dublín, onde nacera a súa nai. Os seus pais tiñan contacto co mundo do teatro.
Debutou profesionalmente en Liverpool en 1957, facendo o papel de Ofelia en Hamlet. Desde entón interpretou numerosas obras de William Shakespeare e fixo xiras polo Reino Unido e Norteamérica. En 1968 protagonizou o musical Cabaret.
Moi popular no seu país polas súas interpretacións en teatro e televisión, o seu éxito internacional chegou en 1997 co telefilme Mrs. Brown, estreado en cinema nos Estados Unidos e que supuxo a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz. O ano seguinte gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación de Isabel I de Inglaterra en Shakespeare in Love.
Desde 1995 até 2012 interpretou a M na saga de James Bond.
Filmografía Ano Filme 1985 Unha habitación con vistas 1987 A carta final 1989 Henry V 1995 007: Goldeneye 1996 Hamlet 1997 Mrs. Brown 1997 007: O mañá nunca morre 1998 Shakespeare in Love 1999 Tea with Mussolini 1999 The World Is Not Enough 2000 Chocolat 2001 Iris 2001 The Shipping News 2002 Die Another Day 2004 The Chronicles of Riddick 2004 Ladies in Lavender 2005 Pride & Prejudice 2005 Mrs Henderson Presents 2006 Casino Royale 2006 Notes on a Scandal 2008 Quantum of Solace 2009 Nine 2011Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides 2011 My Week with Marilyn 2011 J. Edgar 2012 The Best Exotic Marigold Hotel 2012 Skyfall 2013 Philomena 2014 The Second Best Exotic Marigold Hotel2015Spectre2016Miss Peregrine's Home for Peculiar Children 2017Tulip Fever2017Asasinato no Orient Express2017Victoria & Abdul2018Red Joan2018All Is True2018Nothing Like a Dame2019Cats2020Artemis Fowl2020Six Minutes to Midnight2020Blithe Spirit
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en York Categoría:Nados en 1934