Kentavious Tannell Caldwell-Pope, nado o 18 de febreiro de 1993 en Thomaston, Xeorxia, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,96 metros xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional Caldwell-Pope foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Detroit Pistons, equipo co que xogou a Liga de Verán da NBA de 2013. O 19 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato profesional cos Pistons.Detroit Pistons Sign Draft Selections Kentavious Caldwell-Pope and Tony Mitchell
O 13 de xullo de 2017, Caldwell-Pope asinou un contrato por un ano e 18 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers. Fixo o seu debut cos Lakers o 22 de outubro de 2017, saíndo coma titular e anotando 20 puntos na derrota por 119-112 contra os New Orleans Pelicans. O 23 de novembro de 2020, Caldwell-Pope asinou un novo contrato de tres anos cos Lakers.
O 6 de agosto de 2021, Caldwell-Pope foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos que mandou a Russell Westbrook ós Los Angeles Lakers.
O 6 de xullo de 2022, Caldwell-Popefoi traspasado xunto a Ish Smith ós Denver Nuggets, a cambio de Monté Morris e Will Barton.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no condado de Upson, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets