miniatura|180px|Mandíbulas externas e farínxeas dun murénido. miniatura|180px|Cabeza de Gymnothorax fimbriatus. A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.

Características Teñen o corpo serpentiforme, que chega a medir até 150 cm, e carecen normalmente de aletas pectorais e pelvianas; a aleta dorsal nace na parte posterior da cabeza e se estende por todo o dorso, uníndose coa aleta caudal.

A cabeza é longa, e está dotada de fortes mandíbulas adaptadas á captura das súas presas. Os ollos son pequenos, ao igual que as branquias.

Carecen de escamas, e a mucosa que cobre o corpo é tóxica en moitas especies.

A coloración é irregular para favorecer a cripse.

Hábitat e bioloxía Habitan en arrecifes coralinos e zonas costeiras rochosas, o que lles permite, grazas ao seu corpo serpiforme, axexar ás súas presas desde as fendas onde se agochan.

Son voraces predadores, alimentándose doutros peixes, cefalópodos e crustáceos. Outras moreas e meros encóntranse entre os seus escasos depredadores.

Adoitan seren moi agresivas e aínda que a súa mordedura non é velenosa si é moi dolorosa.

Clasificación A familia componse de dúas subfamilias e quince xéneros recoñecidos:Muraenidae no WoRMS.Murenidae no ITIS. Familia Muraenidae Subfamilia Muraeninae Echidna Forster, 1777 Enchelycore Kaup, 1856 Enchelynassa Kaup, 1855 Gymnomuraena Lacepède, 1803 Gymnothorax Bloch, 1795 Monopenchelys Böhlke & McCosker, 1982 Muraena Linnaeus, 1758 Pseudechidna Bleeker, 1863 Rhinomuraena Garman, 1888 Strophidon McClelland, 1844 Subfamilia Muraeninae incertae sedis Leptocephalus Leptocehalus erythraeus D'Ancona, 1928 Leptocephalus grassianus D'Ancona, 1928 Leptocephalus muraenoides D'Ancona, 1928 Subfamilia Uropterygiinae Anarchias Jordan & Starks in Jordan & Seale, 1906 Channomuraena Richardson, 1848 Cirrimaxilla Chen & Shao, 1995 Scuticaria Jordan & Snyder, 1901 Uropterygius Rüppell, 1838

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Angüiliformes Morea

Ligazóns externas Fotos de moreas do Mediterráneo Muraenidae en FishBase Muraenidae en ADW Muraenidae en NCBI Moray Eels Grab Prey With Alien Jaws en Marbef

Categoría:Angüiliformes