Marco Stefano Belinelli, nado o 25 de marzo de 1986 en San Giovanni in Persiceto, Italia, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga no Virtus Bologna da Lega Basket Serie A.
Traxectoria Italia Belinelli comezou a xogar de forma profesional en Italia, para o Virtus Bologna e o Fortitudo Bologna, da Lega Basket Serie A. Ós dezanove anos, no ano 2005, gañou a Serie A italiana co Fortitudo Bologna ó gañar por 3-1 na serie final ó Olimpia Milano.
NBA Belinelli foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Golden State Warriors, equipo no que xogou as súas dúas primeiras tempadas na NBA.
O 30 de xullo de 2009, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Devean George. Xogou o seu primeiro partido coma titular nos Raptors o 2 de febreiro de 2010 contra os Indiana Pacers.
O 11 de agosto de 2010, foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio de Julian Wright. Tras o remate da tempada 2010-11, converteuse en axente libre restrinxido. O 13 de decembro de 2011, chegou a un acordo cos Hornets para asinar un contrato por un ano máis.
O 24 de xullo de 2012, asinou un contrato cos Chicago Bulls.
O 11 de xullo de 2013, Belinelli fichou polos San Antonio Spurs.Spurs Sign Marco Belinelli Na tempada 2013-14, converteuse no primeiro xogador italiano en gañar un campionato da NBA, despois de que os Spurs gañaran nas Finais da NBA ós Miami Heat por 4-1.
Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2007–08 Golden State 33 7.3 .387 .390 .778 0.4 0.5 0.2 0.0 2.9 2008–09 Golden State 42 21.0 .442 .397 .769 1.7 2.1 0.9 0.0 8.9 2009–10 Toronto 66 17.0 .406 .380 .835 1.4 1.3 0.6 0.1 7.1 2010–11 New Orleans 80 24.5 .437 .414 .784 1.9 1.1 0.5 0.1 10.4 2011–12 New Orleans 66 29.8 .417 .377 .783 2.6 1.5 0.7 0.1 11.8 2012–13 Chicago 73 25.8 .395 .357 .839 1.9 2.0 0.6 0.1 9.6 2013–14 San Antonio 80 25.2 .485 .430 .847 2.8 2.2 0.6 0.1 11.4 Total 440 22.9 .431 .395 .815 2.0 1.6 0.6 0.1 9.5
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2011 New Orleans 6 28.8 .365 .308 1.000 0.8 0.7 0.8 0.0 9.7 2013 Chicago 12 27.1 .411 .340 .879 2.9 2.6 0.4 0.0 11.1 2014 San Antonio 23 15.5 .444 .421 .955 2.3 0.8 0.1 0.0 5.4 Total 41 20.8 .413 .360 .915 2.2 1.3 0.3 0.0 7.7
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web Oficial de Danilo Gallinari Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na provincia de Boloña Categoría:Xogadores de baloncesto de Italia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers