Clean Bandit é un grupo de música electrónica de orixe inglesa, fundando en 2009. Despois do seu sinxelo de 2013 "Mozart's House" que acadou a posición 17 no UK Singles Chart, en xaneiro de 2014 conseguiron o seu primeiro número un no Reino Unido con "Rather Be".

Estilo musical A música de Clean Bandit é descrita coma unha fusión, mesturando electrónica con música clásica.

Vídeos Chatto declarou que os vídeos musicais que acompañan ás cancións son parte integral da obra no seu conxunto, e os vídeos concebíronse durante o proceso de escritura da música. Filman os clips de maneira independente, con frecuencia inspirándose nas súas experiencias vitais.

Carreira musical 2006-2012: formación e primeiros tempos Os membros Jack Patterson, Grace Chatto e Milan Neil Amin-Smith coñecéronse mentres estudaban na Universidade de Cambridge.

Nese intre, Chatto lideraba un cuarteto de corda, xunto con Amin-Smith. Un dos seus amigos, Ssegawa-Ssekintu Kiwanuka, a letra e a música de "Mozart's House", e fíxose realidade. Co tempo, fundaron o grupo.

O seu nome, Clean Bandit, é a tradución dunha frase rusa (Chatto e Patterson viviran xa en Rusia).

2012-presente: New Eyes miniatura|Clean Bandit no FIB 2015 En decembro de 2012 o grupo publicou o seu sinxelo de debut "A+E", que chegou ao posto 100 no UK Singles Chart. O 29 de marzo de 2013 estrearon o segundo single do álbum, "Mozart's House". O tema chegou ao 17 no UK Singles Chart, introducíndose por primeira vez no top 20 británico. O terceiro single do álbum, "Dust Clears" estivo no 43 do Reino Unido. O cuarto sinxelo, "Rather Be" con Jess Glynne publicouse o 19 de xaneiro de 2014, acadando o seu primeiro número un. A data de publicación do álbum é o 12 de maio de 2014 con Atlantic Records.

Membros Jack Patterson: baixo, teclado Luke Patterson: batería Grace Chatto: violoncello Milan Neil Amin-Smith: violín

Discografía Álbums Título Detalles New Eyes Publicación: 12 de maio de 2014 Selo: Atlantic Records Formato: Descarga dixital, CD

Sinxelos Coma artista principal Sinxelo Ano Mellores posicións Álbum Reino UnidoPosicións máis altas no Reino Unido BEL(Vl) BEL(Wa) FR IRE NLD SCOPosicións máis altas na listaxe escocesa: Para "Mozart's House": Para "Rather Be": "A+E" 2012 100 — — — — — — New Eyes "Mozart's House" 2013 17 — — — — — 17 "Dust Clears" 43 — — — — — — "Rather Be"(con Jess Glynne) 2014 1 2 3 2 1 1 1 "Extraordinary"(con Sharna Bass) 5 — — — 21 66 7 "Come Over"(con Stylo G) 45 — — — — — — "Real Love"(con Jess Glynne) 2 — — 131 26 — 3 "Stronger" 2015 4 — — — 56 — 3 "Tears"(con Louisa Johnson) 2016 5 — — — 21 36 3 rowspan="6" "Rockabye"(con Anne-Marie e Sean Paul) 1 2 1 4 1 1 1 "Symphony"(con Zara Larsson) 2017 1 3 28 12 2 4 1 "Disconnect"(con Marina and the Diamonds) — — — — — — 67 "I Miss You"(con Julia Michaels) 4 5 5 112 3 10 8 "Solo"(con Demi Lovato) 2018 1 3 7 9 1 14 2 "—" indica os singles que non chegaron á lista ou inda non foron estreados.

Coma colaboradores Sinxelo Ano Mellores posicións Álbum BE(Vl) "Intentions"(Gorgon City con Clean Bandit) 2013 138 Sinxelo sen álbum

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Cambridgeshire Categoría:Música electrónica