A escala de Bristol ou escala das feces de Bristol é unha táboa visual empregada en medicina coa fin de clasificar a forma das feces humanas en sete grupos. Foi desenvolta por vez primeira por Heaton e Lewis na Universidade de Bristol e foi publicada en 1997 no Scandinavian Journal of Gastroenterology.

A forma das feces depende do tempo que estas pasen no colon, unha parte do intestino groso.

No Reino Unido ás veces refírese a esta escala coma Escala de Meyers.

Tipos de feces Os sete tipos de materia fecal son os seguintes:

Tipo 1: Anacos duros separados, como noces, que pasan con dificultade. Tipo 2: Como unha salchicha composta de fragmentos. Tipo 3: Con forma de morcilla con fendas na superficie. Tipo 4: Como unha salchicha; ou serpe, lisa e branda. Tipo 5: Anacos de masa pastosa con bordos definidos, que son defecados facilmente. Tipo 6: Fragmentos brandos e esponxosos con bordos irregulares e consistencia pastosa. Tipo 7: Acuosa, sen pedazos sólidos, totalmente líquida.

Os tipos 1 e 2 indican obstipación; os 3 e 4 son feces ideais, especialmente o 4, xa que son os máis doados de defecar; os tipos 5, 6 e 7 tenden cara á diarrea ou o cólera.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feces Diarrea Obstipación Bristol

Ligazóns externas Constipación infantil

Categoría:Fisioloxía