A planta Eruca vesicaria tamén recibe o nome vulgar de eiruga.

A eirugaNome vulgar galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (Eruca sativa) é unha verdura da mesma familia que a mostaza, Brassicaceae, e orixinaria do Mediterráneo e de Asia Occidental. Adáptase a climas frescos, nin quentes nin fríos.

Usos Posúe un sabor moi forte, picante e amargo. É moi utilizada en Italia. En Galiza o seu uso non é tradicional, mais comeza a popularizarse en ensaladas e pizzas.

Preparada crúa, en ensaladas, ou refogada, é utilizada como complemento das comidas debido ao seu forte sabor, capaz de eliminar o sabor doutros alimentos.

Propiedades Con propiedades estimulantes do apetito, é nutricionalmente rica en proteínas, vitaminas A e C, e sales minerais, principalmente calcio e ferro. Contén tamén omega 3 e é pobre en calorías.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Hortalizas Categoría:Eruca