Antonio Pizzuto, nado en Palermo o 14 de maio de 1893 e finado en Roma o 23 de novembro de 1976, foi un escritor italiano.
Traxectoria Naceu nunha familia rica, fillo do avogado Giovanni Pizzuto e de Maria, poeta. Estudou na escola Vittorino da Feltre e no instituto Vittorio Emanuele II, onde coñeceu a Salvatore Spinelli. Logo de licenciarse en xurisprudencia en 1915 e en filosofía en 1922 na Universidade de Palermo, fixo carreira na administración pública, comezando na Scuola di Polizia Scientifica, subinspector de Trento, inspector en Bolzano e Arezzo, e finalmente vicepresidente da Comisión internacional de policía criminal (Interpol) con sede a Viena e despacho en Francia, Inglaterra e Alemaña. Xubilouse en 1950, pasando a residir en Roma.
Tradutor do grego e latín, Pizzuto foi tamén un gran coñecedor do inglés, francés e alemán, da que traduciu unha obra de Immanuel KantImmanuel Kant, Fondamenti della metafisica dei costumi, (tradución, introdución e notas de Antonio Pizzuto), Edizioni Remo Sandron, Palermo, 1942 ..
Escribiu numerosas novelas, comezando en 1912 co relato Rosalia. En 1938, co pseudónimo de Heis, publicou a súa primeira novela autobiográfica, Sul ponte di Avignone. Trala súa xubilación comezou a súa época máis frutífera coa serie Memorie di un questore e as colaboracións co periódico Polizia Moderna, para o que escribe relatos, e coa revista filosófica Sophia, onde publica recensións e traducións. En 1959 publica Signorina Rosina grazas ao apoio de Romano Bilenchi e Mario Luzi. Os seus escritos, inicialmente de carácter en certa medida autobiográficos, adoitan ter citas cultas e novidades léxicas, liberándose progresivamente das normas temporais, sintácticas e gramaticais que caracterizan a documentación histórica.
No ano 2007 estreouse o filme de Nosrat Panahi Nejad Antonio Pizzuto 1993-1976.
Algunhas das súas obras foron traducidas ao francés.
Obras principais Sul ponte di Avignone (1938) Signorina Rosina (1956, 1959) Si riparano bambole (1960) Ravenna (1962) Il triciclo (1962) Paginette (1964) Sinfonia (1966) Natalizia (1966) La bicicletta (1966) Vezzolanica (1967) Nuove paginette (1967) Testamento (1969) Pagelle I (1973) Pagelle II (1975) Giunte e virgole (1975) Ultime e penultime (póstuma, 1978) Giunte e virgole (póstuma, 1996, obra completa) Rapin e Rapier (póstuma, 1998) Così (póstuma, 1998) Spegnere le caldaie (póstuma, 1999) Narrare (póstuma, 1999) Sinfonia 1923 (póstuma, 2005) Giunte e Caldaie (póstuma, 2008) Sinfonia (1927) (póstuma, 2010)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Madeleine Santschi (1986): Portrait d'Antonio Pizzuto, Lausanne: Age d'homme. Ruggero Jacobbi (1971): Antonio Pizzuto, Firenze: La Nuova Italia.
Categoría:Nados en 1893 Categoría:Nados en Palermo Categoría:Finados en 1976 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Personalidades sen imaxes