Jaguar Racing foi un equipo de Fórmula 1 que competiu no Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de a . Formouse a partir da compra, por Ford do equipo de Fórmula un Stewart Grand Prix propiedade de Jackie Stewart en xuño de 1999. Ford cambiou o nome do equipo a Jaguar Racing, como parte das súas operacións globais de mercadotecnia para promover a súa compañía de automóbiles premium Jaguar. Malia a marca, continuaron utilizando os motores Ford-Cosworth nos coches, e non os motores Jaguar. Durante os anos da propiedade de Ford, o equipo non puido revivir as súas actuacións de .

Historia

No ano o equipo foi dirixido por Wolfgang Reitzle, que era entón xefe do Premier Automotive Group de Ford. O financiamento adicional e a publicidade conseguida ao converterse en equipo de Ford foron evidentes desde a primeira carreira do ano. O equipo contratou ao finalista do campionato de Eddie Irvine e ao expiloto de Stewart Johnny Herbert, pero os resultados da tempada non igualaron os que Stewart alcanzara en . Reitzle renunciou e foi substituído por Bobby Rahal en .

miniatura|left|Pedro de la Rosa pilotando para Jaguar no Gran Premio do Canadá de 2001. miniatura|left|O Jaguar R3 pilotado por Eddie Irvine en 2002.

Os resultados non melloran en 2001, e o nomeamento do tres veces Campión do Mundo de F1 da FIA Niki Lauda como director na metade do ano non axudaron á moral do equipo, e o equipo perdía posicións na pista. Un intento infrutuoso de traer ao ex director técnico de McLaren Adrian Newey para Jaguar desestabilizou aínda máis o equipo, e o conflito entre Rahal e Lauda levou a dimisión de Rahal.

O ano 2002 foi aínda peor ca xestión de Lauda, con só un rexurdimento a finais da tempada en termos de resultados. A xunta directiva de Ford empezaba a ter grandes problemas cos custos e beneficios da xestión do equipo de Fórmula Un, especialmente por non contar coa marca da empresa matriz. O financiamento reduciuse para . Lauda e outros 70 empregados foron despedidos, e déuselle un prazo de tempo de 2 anos para dar beneficios.

En viuse unha mellora no equipo, dirixido por John Hogan, beneficiouse dunha boa xestión e un uso máis eficiente dos recursos (en particular, ao usar o túnel de vento preto da fábrica en comparación co de California). viu unha estabilización dos resultados, pero o equipo non foi capaz de loitar polos puntos de maneira consistente. A empresa matriz de Jaguar na Fórmula 1, Ford, publicou un cortés ultimato como parte dunha redución na participación deportiva internacional. Debido a que Jaguar non publicitaba a marca principal Ford, había moi pouco retorno de valor da enorme cantidade de diñeiro investido, polo que o financiamento reducía o do propio Ford. Ford optou por vender o equipo preto do final de , malia unha actuación máis coherente nos dous anos anteriores. A mediados de novembro de 2004, a compañía de bebidas enerxéticas Red Bull, confirmou que compraran o equipo Jaguar de Fórmula Un a Ford. O novo equipo, chamado Red Bull Racing, utilizou o chasis e o motor do que sería o Jaguar 2005 de Fórmula 1, un desafío para a súa primeira tempada.

miniatura| left | O Jaguar R5 pilotado por Mark Webber en 2004, a última tempada do equipo na F1.

Ironicamente, na última tempada de Jaguar, o equipo recibiu unha gran publicidade, cando dous dos mecánicos do equipo, logo de gañar un burro inflable da película Shrek nunha bebida gasosa, fotografárono polo paddock en varias carreiras e crearon un sitio web cas fotos. Despois de que no Gran Premio do Brasil de 2004, Bernie Ecclestone, Max Mosley, gran parte dos executivos deste deporte, todos os pilotos, agás Michael Schumacher asinaran no burro, os mecánicos anunciaron a súa intención de poxalo en eBay e doar as ganancias á caridade. Para o Gran Premio de Mónaco de 2004, os Jaguar foron equipados cun novo deseño no morro para promover a película Ocean's Twelve. Diamantes de Steinmetz Group por valor de máis de 250.000 $ dólares americanos pegáronse ao morro de cada coche, supostamente desapareceron dun deles logo de que Christian Klien chocara na primeira volta.

Os pilotos foron Eddie Irvine en 2000–2002, Johnny Herbert en 2000, Luciano Burti en varias carreiras en 2001 e no Gran Premio de Austria de 2000, Pedro de la Rosa en 2001 e 2002, Antônio Pizzonia en 2003 ata Hockenheim, Mark Webber en 2003 e 2004, Justin Wilson desde Hockenheim ata o fin de 2003, e Christian Klien en 2004.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Puntos Pos. Jaguar R1 Cosworth CR-2V10 AUS BRA SMR GBR ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL49º Eddie Irvine Ret Ret 7 13 11 Ret 4 13 13 PO 10 8 10 Ret 7 8 6 Luciano Burti 11 Johnny Herbert Ret Ret 10 12 13 11 9 Ret Ret 7 Ret Ret 8 Ret 11 7 Ret Jaguar R2 Cosworth CR-3V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE HUN BEL ITA USA XPN98º Eddie Irvine 11 Ret Ret Ret Ret 7 3 Ret 7 Ret 9 Ret Ret Ret Ret 5 Ret Luciano Burti 8 10 Ret 11 Pedro de la Rosa Ret Ret Ret 6 8 14 12 Ret 11 Ret 5 12 Ret Jaguar R3Jaguar R3B Cosworth CR-3/CR-4V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR GBR FRA ALE HUN BEL ITA USA XPN87º Eddie Irvine 4 Ret 7 Ret Ret Ret 9 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 3 10 9 Pedro de la Rosa 8 10 8 Ret Ret Ret 10 Ret 11 11 9 Ret 13 Ret Ret Ret Ret Jaguar R4 Cosworth CR-5V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE HUN ITA USA XPN187º Mark Webber Ret Ret 9 Ret 7 7 Ret 7 6 6 14 11 6 7 Ret 11 Antônio Pizzonia 13 Ret Ret 14 Ret 9 Ret 10 10 10 Ret Justin Wilson Ret Ret Ret 8 13 Jaguar R5 Cosworth CR-6V10 AUS MAL BHR SMR ESP MON EUR CAN USA FRA GBR ALE HUN BEL ITA CHN XPN BRA107º Mark Webber Ret Ret 8 13 12 Ret 7 Ret Ret 9 8 6 10 Ret 9 10 Ret Ret Christian Klien 11 10 14 14 Ret Ret 12 9 Ret 11 14 10 13 6 13 Ret 12 14

Véxase tamén

Outros artigos Jaguar

Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido Categoría:Jaguar Cars