Constantino Vázquez Abelleira, nado en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) o 5 de novembro de 1901 e finado en Becerril de la Sierra (Madrid) o 24 de xullo de 1966Necrolóxica en ABC, foi un escritor e compositor galego. Usaba o pseudónimo de Veladoira.

Traxectoria É autor dun libro con textos en prosa e en verso propios e alleos, titulado Cousas e contos de por aló, publicado en Madrid en 1936 que asinou co pseudónimo Veladoira. Despois publicou en castelán ¿Quién trajo la revolución? (1939) e Mi mujer se casó, o Las desdichas de un enamorado (1952). Tamén compuxo as obras musicais "Don Narciso" (chotis), "San Rafael" (pasodobre) e os tangos "Club San Carlos" e "Luces de colores".

Obra Cousas e contos de por aló. Madrid, 1936. Editorial Graphia. Artigos de creación propia e escolma de autores galegos. "¿Quien trajo la Revolución?", folleto sobre os días previos á guerra civil española publicado na imprenta de El Progreso de Lugo, 1937. Las desdichas de un enamorado. Madrid, 1952. Gráficas Orbe.

Notas

Véxase tamén Bibliografía ABELLEIRA, Constantino V en Gran Enciclopedia Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá