Eurafrasia () é o supercontinente máis grande da Terra. Coñécese tamén cos nomes de Eurasiáfrica (), África-Eurasia, Afro-Eurasia, Afroeurasia () ou continente euroasiáticoafricano

Localízase no hemisferio oriental e inclúe África e Eurasia (este último formado por Europa e Asia). Tamén chamado Vello Mundo ou Antigo Continente, abarca máis de 84 millóns de km², dun total de terra emerxida de case 150 millóns en todo o planeta, á vez que alberga cerca do 85 % da poboación mundial, estimada en 7.010 millóns de seres humanos en 2011.

Eurafrasia está composta por:

Eurasia Asia Norte de Asia Asia Central Leste de Asia Asia Meridional Sueste Asiático Suroeste Asiático Europa Norte de Europa Europa occidental Europa Central Leste de Europa Sur de Europa África Norte de África Oeste de África África Central Leste de África África austral

Categoría:Supercontinentes Categoría:Xeografía Categoría:Acrónimos