Qostanay () é unha cidade do norte de Kazakhstán no río Tobol. Qostanay é a capital da provincia de Qostanay.

Demografía Composición da cidade (2010): Rusos - 107.542 persoas. (50,00%) Kazakos - 59.655 persoas. (28.63%) Ucraínos - 21.272 persoas. (10.00%) Alemás - 5.919 persoas. (2,78%) Tártaros - 4380 persoas. (2,06%) Belarusos - 3.794 persoas. (1,78%) Surcoreanos - 2.914 persoas. (1,37%) ege - 1.001 persoas. (0,47%) Armenios - 699 persoas. (0,33%) Chechenos - 595 persoas. (0,28%) Baxkires - 545 persoas. (0,26%) Polacos - 481 persoas. (0,23%) Inguxos - 440 persoas. (0,21%) Mordovians - 433 persoas. (0,20%) Outros - 2.947 persoas. (1,39%) Total - 212617 persoas. (100.00%)

Institucións públicas En Qostanai hai 8 institucións educativas superiores. O ministerio de cultura de Kazakhstán suma 380 bibliotecas, 8 museos e 2 teatros. Hai numerosas instalacións atléticas: dous estadios deportivos, 26 estadios, 10 complexos de deportes e 567 salas de deportes.

Hai 15 institucións funcionais na provincia de Qostanai, 5 delas son do estado e 10 non son do estado. Unha das institucións destacadas na provincia é a Universidade Estatal de Qostanai. Hai tamén 23 colexios e 715 escolas secundarias na provincia de Qostanai.

Monumentos Kostanay é rico en obxectos con patrimonio histórico cultural. O centro rexional inclúe a mesquita musulmá sunní, o Edificio de Administración Rexional, a Universidade Estatal de Qostanai, o Teatro "Drama kazako", a Praza do centro, e a estación de ferrocarril.

Transporte e comunicacións Transporte As estradas de tránsito principais relacionan Qostani coas seguintes cidades de Rusia: Chelyabinsk, Magnitogorsk, Troitsk, Yekaterinburg, Kurgan e Tyumen. Tamén conectan con Astana e Almaty, en Kazakhstán, e ás provicias fronteirizas.

No Aeroporto Internacional de Qostanai, hai viaxes regulares a moitas cidades de Kazakhstán, Rusia, Ucraína, Alemaña (Frankfurt e Hannover), os Emiratos Árabes Unidos, Turquía, e outros.

Comunicacións O monopolio de telecomunicacións na provincia de Qostanai é de "KazakhTelecom".

Deporte Qostanai é a sede do FC Tobol, equipo local da cidade, que xoga na Liga Premiere de Kazakhstán. Xogan no Estadio central de Qostanai.

Qostanai dispón dunha pista de xeo.

Clima

Notas

Categoría:Cidades de Kazakhstán